Seguindo as directrices do real decreto publicado onte, estas son as respostas ás posibles dúbidas que poidades ter:
 
A xente pode saír á rúa?
Só se é imprescindible. As excepcións son comprar alimentos, fármacos, ir ao banco e a hospitais. Tamén ir traballar se non hai outra alternativa.
 
Que establecementos están abertos?
Alimentación, produtos e bens de primeira necesidade
Establecementos farmacéuticos, médicos, ópticas e produtos ortopédicos
Produtos hixiénicos
Barberías
Prensa e papelería
Combustible para a automoción
Estancos
Equipos tecnolóxicos e de telecomunicacións
Alimentos para animais de compañía
Comercio por internet, telefónico ou correspondencia
Tinturerías e lavanderías
 
As subministracións en supermercados e restaurantes están asegurados?
A distribución alimentaria está considerada un servizo esencial e coordinarase con plataformas de distribución de chegada de produtos básicos.
 
A policía pode pedirme unha xustificación por saír?
Si.
 
Pódese usar o coche?
Permitirase a circulación de vehículos particulares polas vías de uso público para a realización das actividades referidas no apartado anterior ou para a reposición en gasolineiras.
 
Pódese viaxar en transporte?
Só se é imprescindible. Avións, trens, barcos e autobuses interurbanos ou urbanos só estarán ocupados ao 50% da súa capacidade.
 
Está garantida a limpeza no transporte?
Os vehículos limparanse con desinfectantes a diario.
 
Pódese viaxar se se regresa á localidade da residencia habitual?
Si.
 
Pódese entrar ou saír dos municipios?
Só por estrita necesidade e para facer uso de servizos esenciais.
 
Poden cortarse estradas?
Si, o Ministerio de Interior poderá acordar o peche de estradas.
 
Pecháronse as fronteiras?
Non, pódese cruzar dun país a outro.
 
As persoa que asisten a persoas dependentes nos seus domicilios poden realizar o seu labor?
Si, o coidado aos vulnerables como maiores, menores e persoas con discapacidade está recollido polo decreto.
 
Hai que ir traballar esta semana?
Na medida do posible, non. Os empregadores, tanto públicos como privados, estarán obrigados a facilitar medidas que permitan a prestación laboral ou funcionarial dos empregados por medios non presenciais sempre que iso sexa posible
 
Pódese levar aos nenos ao parque?
Non, non é nin imprescindible nin recomendable para a súa saúde e para os outros. Recoméndase que os nenos permanezan en casa.
 
Pódese sacar a pasear ao can?
Si, mantendo as distancias e medidas de seguridade.
 
Pódese saír a correr ou ir en bicicleta?
Non, só se pode saír á rúa en caso de “forza maior” debidamente xustificado.
 
Pódese acudir a unha cita médica?
Se non é urxente, mellor aprazala.
 
Están asegurados os servizos de emerxencia?
Si.
 
As actividades educativas que os nosos alumnos e alumnas deberán facer durante estes días están recollidas no seguinte enlace http://colexioabrente.com/medidas-extraordinarias-coronavirus/