Desde a Dirección do Colexio Plurilingüe Abrente queremos informarvos que, a día de hoxe, non asistiron ao centro 12 persoas por positivo de Covid-19 entre alumnado, mestres e persoal de servizos, e que se están seguindo todas as medidas dispostas no protocolo Covid-19 para garantir a seguridade de todos e todas.
Lembrarvos, ademais, que debido á alta capacidade de contaxio da variante ómicron (dominante nas últimas semanas) recoméndase, ante o menor síntoma relacionado coa enfermidade (febre, moco, dor de garganta, etc.), non asistir ao centro educativo e poñerse en contacto co pediatra, médico de cabeceira ou centro de saúde correspondente para que determinen os pasos a seguir.