Nas clases de Lingua, en sexto de primaria, continuamos traballando co programa de prensa escola. Cantas novas informan os xornais! Estar informados e debatir sobre temas presentes no mundo desenrola habilidades de comunicación, empatía, investigación e análise; entre outras. 

 

Tamén comezamos hoxe un proxecto de Robótica co cal desenrolamos diferentes competencias. Elaboramos un caracol ao cal lle programamos sons e luces de cores.