No día de hoxe desprazámonos ao IES Sanxenxo para participar no Certame Literario que, como cada ano organízase neste centro, en conmemoración do Día das Letras Galegas. Foi unha xornada divertida para os nosos alumnos e alumnas e permitiu fortalecer os lazos con outros centros.