
Resultados 2023
Unha vez mais e por trixésimo ano consecutivo celebraremos unha nova edición da «Carreira Escolar do Salnés».
A carreira discorrerá por un circuíto pechado totalmente ao tráfico rodado, co que a seguridade está garantida durante o desenrolo da proba.
Co paso dos anos, esta proba estase a converter nunha clásica do deporte da nosa bisbarra. Centos de rapaces xúntanse cada ano, para correr polas rúas da nosa vila, no que quere ser, ademais dunha proba deportiva, unha manifestación dos nenos/as en pro do atletismo, e como canle de achegamento e comunicación; así como sensibilizar as nosas autoridades para que doten a este concello dunhas instalacións de Atletismo dignas.
Non queremos esquecer o carácter cultural da mesma e baixo o lema “En galego gañamos tod@s” pretendemos superar os 1000 participantes.
Recordándolle que temos posibilidades de facilitarlle o transporte en bus os nen@s que participen na mesma.
Datos da carreira:
Data celebración: Venres 5 de Maio de 2023
Data límite inscrición: 01/05/2023 ás 12:00 horas
Hora inicio: 11’00 hs.
Entrega dorsais: de 9’00 ata as 10’30 hs.
Premios:
Trofeos para os tres primeiros de cada categoría.
Medallas para os primeiros de cada categoría.
Refrescos e pasteliños para todos os participantes.
Inscripción inidividual, NON inscribir colexios dende este apartado
Ler máis...
Inscripción de grupos e colexios, e necesario solicitar un código ao centro.
Ler máis...