CATEGORIAS
-Prebenxamín 2014-2015
-Benxamíns 2012-2013
-Alevíns 2010-2011
-Infantís 2008-2009
-Cadetes 2006-2007
-Afeccionado 2005 ou antes
DISTANCIAS
-Prebenxamín Percorrido número 1 (1.200 m.)
-Benxamíns Percorrido número 1 (1.200 m.)
-Alevíns Percorrido número 2 (2.400 m.)
-Infantil Feminino Percorrido número 2 (2.400 m.)
-Infantíl Masculino Percorrido número 3 (3.900 m.)
-Cadetes Percorrido número 3 (3.900 m.)
-Afeccionados/as Percorrido número 3 (3.900 m.)
REGULAMENTO XERAL
1º. A inscrición desta Carreira permanecerá aberta ata o día 09 de Maio de 2022 ata as 12:00 da mañán,non sendo posible facelo o día da carreira ou máis tarde de esa data, e realizarase na páxina web do colexio www.colexioabrente.com, no apartado Carreira Escolar na ventá inscricións.As inscrcións colectivas (colexios, clubes,etc…) solicitarán un código na Secretaria do Colexio Abrente (telf. 986723494).
2º. A todos os participantes facilitaráselle o dorsal correspondente á súa categoría, debendo colocalo no peito para a súa identificación durante a proba e chegada á meta.
3º. Cada corredor deberá chegar á liña de meta co dorsal colocado no fronte da camiseta; do contrario será descalificado.
4º. Os dorsais serán facilitados o mesmo día da proba (de 9’00 a 10’30 horas). Cada dorsal levará un número, o nome e apelidos do rapaz correspondente, e aseguraranse de que os atletas saen co dorsal debidamente colocado.
5º. Ao longo do percorrido a Organización establecerá os controis que estime oportunos, os cales poderán descalificar aos participantes que cometan algunha irregularidade.
6º. Será motivo de descalificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba, sendo a súa decisión inapelable.
7º. Será tamén motivo de descalificación pasar sen camiseta ou dorsal por algún control ou liña de meta.
8º. Será motivo de descalificación un colexio cando se demostre que atenta contra o regulamento xeral aquí establecido.
9º. Para auxiliar posibles danos físicos que poidan sufrir os participantes desta carreira, estará disposto un equipo de primeiros auxilios, ambulancia e médico.
10º. Dado o carácter festivo desta proba a Organización agarda de todos os participantes e monitores o mellor espírito deportivo.
11º. A organización dispón dun seguro de R.C.e un seguro de accidentes por cada participante.
NOTA: Recoméndase aos participantes estean na zona de saída-meta (Colexio Abrente) antes das 10:15 h.