coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

debuxo_carreira_17_18web.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB
e107_icon_16.png Últimas Noticias

Eleccións ao Consello Escolar


Abriuse o prazo para a elección do Consello escolar, os candidatos que se presentaron foron os seguintes:

PAIS DE ALUMNOS  - CURSO  2018/2019

• Dª SONIA MARÍA RIAL RODRÍGUEZ
• Dª Mª VANESSA  PADÍN GONZÁLEZ
• Dª Mª GUADALUPE  CASTRO  TORRES
• Dª Mª NIEVES  JAMARDO  REY
• D. JOSE CARLOS  MÉNDEZ  PADÍN
Publicado por Roberto o 19/11/2018  

5º e 6º EP: Visita a DOMUS


Os nenos de 5º e 6º de primaria visitamos, este mes de novembro, a DOMUS, museo interactivo na cidade da Coruña, que trata de forma monográfica o ser humano. Pola tarde e, despois de comer, visitamos o Museo das Ciencias. Foi un día moi completo. Fotos
Publicado por Roberto o 19/11/2018  

CONCURSO DE GUIÓNS CINEMATOGRÁFICOS “CURTAS CONTRA AS VIOLENCIAS DE XÉNERO”


Os nosos alumnos e alumnas participaron con entusiasmo neste certame para todos os colexios de Sanxenxo, e plasmaron a súa visión orixinal da violencia de género, e o guión gañador foi o de 4º da ESO "¿Quién se apunta a tomar algo en el bar de siempre?"  de Noelia Dopazo, Paula Rodríguez e Naroa Pérez 4º da  ESO do noso colexio.
"Nunca te fies da xente" de Julia Soutullo Parada e Laura Jamardo Cores de  3º e 4º da  ESO foron finalistas, e  "A discriminación do fútbol" de  Gabriel Fernández González de 3º da  ESO obtivo unha mención. ¡Noraboa!
Publicado por Roberto o 15/11/2018  

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS: O OUTONO


Os nenos de 4 anos observamos o outono, as suas cores os seus froitos as festas e aprendemos moitas cousas. Fotos
Publicado por Roberto o 12/11/2018  

HALLOWEEN : CONCURSO DE DISFRACES Y PLAYBACKS


Halloween is celebrated on 31st October all around the world, especially in the UK and the US. The origin of this festivity is Samhain, a tradition from the Celtic tribes, in which people protected their homes from the evil spirits by trying to frighten them away with scary decorations. In Colexio Abrente, last Friday we celebrated our own Halloween party where we dressed up as spooky creatures. As usual, we had two contests: the costume parade and the playback competition. We saw a lot of terrifying costumes:skeletons, zombies, evil clowns…  Photos
Publicado por Roberto o 08/11/2018  

Charla sobre a violencia de xénero


O pasado 7 de outubro os alumnos de 3º e 4º da ESO asistiron a unha charla informativa sobre o acoso que sofren as mulleres no mundo por causas de violencia de xénero e aprenderon como hai que actuar en caso de sufrilo ou ser testigo desta situación. Fotos
Publicado por Roberto o 08/11/2018  

Charla transplantes


O pasado 11 de outubro os alumnos de 3º e 4º da ESO asistiron a unha charla informativa sobre a situación e importancia dos transplantes de órganos en España. Descubrindo como funciona todo o proceso, dende que unha persoa doa un órgano ata que outra en lista de espera o recibe. Fotos
Publicado por Roberto o 08/11/2018  

Fun with English: Halloween


Learning English is fun. Last week, we learnt vocabulary related with Halloween. We had lots of fun. First, we learnt how to say the different vocabulary related with this festivity and we reinforced it with games. Afterwards, we played and enjoyed with a little theatre play. Photos
Publicado por Roberto o 08/11/2018  

Samaín 2018


O Equipo de Dinamización Lingüística vén  de organizar o tradicional CONCURSO DE CABAZAS DE SAMAÍN, cunha gran participación por parte dos alumn@s, pais e nais do Centro. Os traballos presentados tiveron unha gran calidade técnica, poñéndollo moi complicado ao xurado a elección dos gañadores. Os mellores traballos tiveron como agasallo un lote de produtos para elaboración dun cocido. PARABÉNS AOS GAÑADORES. Fotos
Publicado por Roberto o 05/11/2018  

O esqueleto do Samaín


Os alumn@s de E. Infantil 5 anos quixemos celebrar o Samaín elaborando un esqueleto moi especial, non daba moito medo, pero fíxonos pasar uns momentos moi divertidos coa súa construción e cantándolle cancións. Fotos
Publicado por Roberto o 05/11/2018  

Concurso de debuxo


Un ano máis dende  o Equipo de Dinamización Lingüística organizamos un concurso de debuxo, coa finalidade de dar a coñecer e motivar ao alumnado a practicar o xogo tradicional do trompo. As gañadoras foron Sara Salomón de 2º de E.P, Lucía Meis de 4º de E. P.,  Judith Prieto e Claudia Rosal de 5º de E. P. Fotos
Publicado por Roberto o 05/11/2018  

Casting de Radio Abrente


O pasado mes realizamos o casting de Radio Abrente, có fin de atopar os novos participantes da radio do novo curso escolar. O xurado estivo composto por mestras colaboradoras da radio, e o alumnado que acudiu non o puido facer mellor! Noraboa a todos e grazas pola vosa participación, sodes incríbles! Fotos. Vídeo.

Despois dunha longa deliveración a decisión do xurado é a seguinte:

Publicado por Roberto o 29/10/2018  

ESCOLA DE VERÁN ABRENTE: AGOSTO 2018


1º QUINCENA AGOSTO “DETECTIVES EN ACCIÓN”
Hello! Na primeira quincena de agosto realizamos actividades de detectives máis complexas. Fixemos xincanas, xogos e buscamos pistas ao aire libre; aprendemos a facer papel máxico; familiarizámonos cas novas tecnoloxías a través da “realidade aumentada”; realizamos retratos 3D de sospeitosos; fomos uns auténticos minichefs facendo galletas de caras; probamos a luza negra e pintamos as escuras; xogamos na piscina con xeos de colores e xoguetes de auga; e para rematar a quincena recibimos a visita dos “Bombeiros”. Pasámolo xenial! SEE YOU SOON!  FOTOS
2º QUINCENA AGOSTO “DETECTIVES EN ACCIÓN”
HI! Na segunda quincena fomos detectives de arte, traballamos a Joan Miró e o seu cadro “Colourful fish” en varios tamaños e moitas cores (podedes ver a gran obra no haul do colexio).  Tamén xogamos a moitos xogos de auga: con globos, con paracaídas, con xoguetes de auga, con vasos… Os últimos días estivemos preparando un disfrace para a festa fin de verán, un disfrace de “Explorador/a do Safari”, estábamos moi guapos e gozamos moito. A escola de verán xa remata, este verán conseguimos ser uns auténticos detectives (de arte, de cociña, de auga, de letras….), fixemos moreas de actividades, xogamos, cantamos, practicamos inglés, e pasámolo moi ben. Ata o próximo verán, moitas gracias. FOTOS
Publicado por Andrés o 14/09/2018  

INFANTIL 0-1 ANO: AGOSTO 2018


Este verán tivemos a incorporación de novos compañeiros/as polo que o comezo foi un pouco de adaptación pero aínda así poidemos disfrutar de actividades moi divertidas típicas desta estación como foron días de piscina, xogos con auga, picina de bolas…e rematamos o verán coa celebración dunha  gran festa onde atemática foi o safari e nos dirfrazámonos de cebras . Pasámolo  xenial! FOTOS
Publicado por Andrés o 11/09/2018  

INFANTIL DE 1-2 ANOS: AGOSTO 2018


Este agosto foi moi caluroso, e para levar o calor o mellor posible, tivemos a piscina e xogos de auga, quedando fresquiños como leitugas. Nos talleres de cociña fixose unha boliñas de chocolate simulando os cocos para os monos, e unhas palmeiras de froitas que degustamos con moita ansia. Tamén traballamos moito coas pinturas realizando unhas caretas de monos e os plátanos,uns prismáticos en un taller de pintura corporal. Como os días de calor non cesaban, recibimos a visita dos bombeios que coas mangeiras de auga e espuma deixaronos todos fresquiños. E para rematar o mes unha gran festa , a temática de safari fixo que nos disfrazásemos de xirafas ,pasando xenial. FOTOS: PISCINA   TALLER COCIÑA   TALLER PINTURA   BOMBEIROS   XOGOS AUGA   FESTA VERÁN
Publicado por Andrés o 11/09/2018  

INFANTIL DE 2 ANOS: AGOSTO 2018


      Neste mes aproveitamos o bo tempo para seguir poñendonos a remollo nas piscinas todas as semáns. Comezamos traballando os sentidos e acabamos o mes desfrutando da expresión plástica en todas as súas formas. FOTOS: ART ATTACK   CUMPLES   OBRADOIRO RELAXACIÓN   PISCINAS   SENTIDOS 
     FESTA FIN DE CURSO: Este ano tocou a temática da xungla. A unidade de 0-1 disfrazánronse de cebras, os pequenos de 1 a 2 estiraron o seu colo para convertirse en fermosas girafas, os de 2 a 3 uns indixenas e os mais maiores uns curiosos exploradores.  FOTOS
     FESTA DA ESCUMA: O corpo de bombeiros de Sanxenxo propuxeronnos achegarse para xogar cos nenos e facer unha festa de escuma. Pasamolo xenial todos, nenos e mestras. Cubríannos de escuma e despois nos bañaban para quitárnola e asi poder comezar outra vez. Algúns  valentes bucearon entre as pompas xa que non picaba nos ollos, outros so se atrevían a observar desde lonxe pero todos o pasamos estupendo. FOTOS
Publicado por Andrés o 11/09/2018  

ESCOLA DE VERÁN ABRENTE 2018 “2ª quincena- DETECTIVE’S SCHOOL”


HELLO! Seguimos coa escola de detectives, esta  segunda quincena de xullo seguimos practicando e aprendendo cousas sobre detectives. Realizamos actividades como: descifrar mensaxes secretos, buscar letras perdidas,  detectives de arte “Kate Haring”, siluetas, sombras, buscamos pegadas, coñecemento as ferramentas dun detective… E aínda que o tempo non nos acompañou moito, fixemos xogos de auga con pompas de xabón e de pintura. Gozamos lendo libros, cantando cancións, xogando ao aire libre, aprendendo inglés e moitas cousas máis. E como non, fixemos unha festa de graduación, xa que obtivemos o carné de detective. SEE YOU SOON! BYE BYE   FOTOS
Publicado por Andrés o 08/08/2018  

INFANTIL DE 2-3 ANOS: XULLO 2018


Este primeiro mes de verán pasámolo en grande; a primeira quincena traballamos a temática de Land Art que consiste en experimentar e crear a través de elementos naturais; recollemos follas, paus, flores e pedras polo patio da escola, experimentamos con elas, as manipulamos, as pintamos e con eles fixemos móbiles, cadros, unha composición natural ao aire libre xunto con lás. Con este material tamén fixemos un volcán, tinguimos flores, plantamos herba e fixemos debuxos con area coa mesa de luz. Como todos os veráns non faltou a piscina e vivimos unha gran aventura xogando coa espuma de afeitar; o mal tempo non nos impediu poder disfrutar de xogos de auga e fixemos tamén algúns na aula. Nesta quincena tamén visitamos a granxa de Manolo que nos presentou a todos os seus animais e ensinounos como facer fariña. Na segunda quincena traballamos a temática de Global Muiñeira, fixemos un pandeiro e demos un gran concerto por toda a escola. Tampouco faltaron os xogos de auga, neste caso foron con pistolas de auga e con globos. E para rematar este mes de xullo fixemos unha festa galega, onde fixemos un polbo gaiteiro e unhas bandeiras galegas e tamén tivemos un obradoiro de cociña da tarta de Santiago. Na festa final de mes pasámolo xenial! FOTOS: GLOBAL MUIÑEIRA  LAND ART
Publicado por Andrés o 08/08/2018  

INFANTIL 1-2 ANOS: SAFARI SUMMER


Este verán o tema é  “SAFARI SUMMER” ,estamos a pasalo xenial, saimos a recoller follas para pegar no mural, decoramos a aula con follas pintadas de cor verde, contamos contos da selva, escoitamos os sons dos animais, fixemos unha lupa para encontrar os animais  escondidos, unha careta de león e decoramos un pau de choiva. Xogamos moito na terraza cos coches, no parque e coa auga, e  na aula non faltou  o tragabolas.Para rematar este mes fixemos un obradoiro de xelatina co elefante Blas, e continuamos con moitas sorpresas máis. FOTOS
Publicado por Andrés o 08/08/2018  

ESCOLA DE VERÁN ABRENTE 2018 “1ª quincena- DETECTIVE’S SCHOOL”


WELCOME SUMMER! Este verán 2018 seremos un verdadeir@s detectives, para comezar este mes de xullo estamos nun escola de detectives, onde aprenderemos moitos dos trucos dos detectives e teremos moitas experiencias detectivescas. Esta primeira quincena fixemos moitas actividades como por exemplo: un mural de benvida, traballamos coas pegadas dactilares, realizamos un obradoiro de tintas invisibles, elaboración de lupas, obradoiro de galletas en forma de lupa, imán cos pegadas, xogos de relevos de auga, xogos con globos de auga e chapuzón nas piscinas. Todos os días fixemos actividades de benvida e despedidas onde cantamos, lemos contos, e por suposto falamos inglés. SEE YOU SOON!  FOTOS
Publicado por Andrés o 08/08/2018  

INFANTIL 0-3 ANOS: ACTIVIDADES DE TARDE (PATRI)


Este terceiro trimestre puidemos saír moitísimo ao patio, pasámolo xenial rodando pola herba, buscando flores, sacando fotos... Nestes meses experimentamos moito coa pintura empregando todo o noso corpo e diferentes materiais plásticos, fixemos un obradoiro de xardinería e outras moitas actividades coma quebracabezas de animais, un obradoiro de cociña, actividades de primavera e celebramos o día das letras galegas. Foron uns últimos meses de curso xeniais! FOTOS: ARTE   EXPERIMENTACIÓN   XARDINERÍA   ACTIVIDADES   SAÍDAS PATIO
Publicado por Andrés o 08/08/2018  

INFANTIL 0-1 ANO: ACTIVIDADES 3º TRIMESTRE


AULA 0-1 ELI ESTE TERCEIRO TRIMESTRE , DESPOIS DUN CURSO NO QUE OS NENOS/AS  LLES COSTOU UN POQUIÑO ADAPTARSE  FINALMENTE DISFRUTARON E O PASARON XENIAL  EN TODAS AS ACTIDADES LEVADAS A CABO ENTRE ELAS CABE DESTACAR A AULA DE EXPERIMENTACIÓN DE LUCES E CORES, O TALLER DE ARTE NO QUE PINTAMOS AO ESTILO POLLOCK, O TALLER DE RELAXACIÓN NO QUE ELES MESMOS SE ANIMARON A AUTOMASAXEARSE E OUTRAS DIVERSAS ACTIVIDADES QUE PODEREDES VER NAS FOTOS. UN ANO MAIS FOI UN PRACER FORMAR PARTE NOS PRIMEIROS APRENDIZAXES E DESCUBRIMENTOS DESTES NENOS/AS. FOTOS: ACTIVIDADES   AULA DE EXPERIMENTACIÓN   CESTIÑA DOS TESOUROS   DÍA DA NAI   TALLER DE ARTE   TALLER DE RELAXACIÓN
Publicado por Andrés o 08/08/2018  

PREMIOS CONSUMÓPOLIS


O equipo de 6º de Educación Primaria formado por Pablo Soutullo, Anna Guisasola, Manuel Hay, Lucas Míguez e Iván Piñeiro foron premiados cun 2º premio no concurso Consumópolis organizado pola Escola Galega de Consumo. Este concurso ten como temática o Consumo Responsable e tiveron que realizar un traballo online e diseñar un cartel. Noraboa ós premiados! FOTOS
Publicado por Andrés o 09/07/2018  

EDUCACIÓN ESPECIAL: ACTIVIDADES DO 3º TRIMESTRE


Xa rematamos o curso , pero non podemos marchar sen ensinarvos algunhas das cousas que fixemos neste último trimestre: organizamos e participamos no Día Mundial do Autismo, fixemos uns regalos moi chulos para as nosas nais; comezamos un proxecto novo creando unha horta na que plantamos un pouco de todo: fabas, millo, cabazas, xirasoles, nísperos... e que fumos coidando ó longo do trimestre; realizamos unha saída ó mercadillo, participamos en varios obradoiros de cociña e decoramos a nosa bolsa de tela para levar os libros. Coma sempre, pasámolo bomba!!!! Fotos
Publicado por Roberto o 27/06/2018  

Festival de Fin de Curso de Educación Infantil


Un ano máis o Equipo de Educación Infantil organizamos un Festival de Fin de Curso, onde os nosos alumn@s  puideron  amosarnos as súas dotes interpretativas,  fixéronnos pasar uns intres moi divertidos e emotivos. DESEXÁMOSVOS FELIZ VERÁN. Fotos
Publicado por Roberto o 27/06/2018  
Pág./s  [1] 2 3 ... 29 30 31