coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

debuxo_carreira_17_18web.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

5º Educación Primaria: Visita ao laboratorio


Na clase de Ciencias Naturais fixemos unha práctica no laboratorio para poder obsevar a través dos microscopios como é unha célula vexetal. Gustounos moitísimo! Fotos
Publicado por Roberto o 13/12/2018  

Excursión 1º e 2º de Educación Primaria


Os alumnos de Primeiro e Segundo de Educación Primaria fixemos unha saída lúdico-didáctica a Viveiros O Piñeiro no que puideron ver  e estar en contacto con diferentes animais domésticos, coñecer diferentes tipos de plantas e facer un taller de xardinaría. A continuación, visitamos o Auditorio Sede Afundación de Pontevedra para ver a obra A galiña azul, representada pola compañía Tanxarina Títeres, e que foi gañadora do Premio María Casares ao Mellor espectáculo Infantil 2018 e Premio Feten ó Mellor espectáculo de monicreques 2018. E para rematar a xornada, comemos no Parque das Esculturas. Pasámolo en grande! Fotos
Publicado por Roberto o 13/12/2018  

2º EDUCACIÓN PRIMARIA- PRIMEIRO TRIMESTRE


Xa vai rematar o primeiro trimestre e queremos compartir algunhas das actividades que realizamos ó longo destes meses. Todas elas en relación cos conceptos que se traballaron  a través de dinámicas moi divertidas! Ademais, engadimos algunhas fotos do Magosto, no que o pasamos xenial! Fotos
Publicado por Roberto o 13/12/2018  

1º e 2º ESO saída a Santiago de Compostela


O pasado 28 de novembro, os alumnos de 1º e 2º ESO visitaron o Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela onde puideron participar nun percorrido pola historia cultural e musical de Galicia. Ademais, divertíronse na pista de xeo instalada na cidade. Fotos
Publicado por Roberto o 10/12/2018  

20 DE NOVEMBRO, DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA


O Día Universal da Infancia, que celebramos todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas, facendo conmemoración a firma da Convención sobre os Dereitos dos Nenos de 1989.

É o día de celebración dos avances logrados, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación de moitos menos e nenas desfavorecidas, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día por un benestar e desenrolo. Deste xeito celebramos no centro este día tan importante para todos nós.

Publicado por Roberto o 02/12/2018  

3º - 4º ESO: NOVAS TECNOLOXÍAS


A Garda Civil realizou o pasado xoves unha charla moi interesante dos riscos das novas tecnoloxías. @s alumn@s poideron coñecer de primeira man dos principales problemas que xurden a cotío sobre o abuso e mal uso das mesmas e os principales consellos que debemos ter en conta. FOTOS
Publicado por Andrés o 26/11/2018  

3º - 4º ESO: SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA


@s alumn@s de 3º e 4º de ESO realizaron unha saída a Santiago de Compostela para visitar na Cidade da Cultura a Exposición "Castelao Maxistral" unha das máis completas exposicións sobre a obra de Castelao que ten como eixe central o cadro "A derradeira leición do mestre" que foi pintado por Castelao en 1945 en Bos Aires e que foi trasladada dende dende Bos Aires por primeira vez na historia. Despois visitaron o Instituto Galego de Estatística (IGE) onde realizaron un obradoiro de estatística, visitaron as ¡nstalacións e poideron ver como se fai unha estatística oficial. FOTOS
Publicado por Andrés o 26/11/2018  

MAGOSTO 2018


Un curso máis dende o Equipo de Dinamización Lingüística organizamos un magosto, no que puidemos desfrutar dunha degustación de castañas preparadas polo “chef” Damián.Tamén preparamos un circuíto de xogos populares que fixo as ledicias de tod@s. Parello ao magosto celebramos a final de trompos na modalidade de malabarismos, un concurso de decoración de trompos e o da castaña máis pesada. FOTOS
Publicado por Andrés o 26/11/2018  

LIVING DINOSAURS Y LA EDAD DE HIELO


Os alumnos de Educación Infantil fixemos unha saída lúdico-didáctica a exposición LIVING DINOSAURS Y LA EDAD DE HIELO, onde puidemos ver dinosauros que parecían de verdade e que incluso nos deron algún pequeno susto. Aprendemos un montón de cousas sobre os costumes destes animais tan fascinantes e pasámolo de rechupete. Fotos 5 anos   Fotos 4 anos    Fotos 3 anos
Publicado por Roberto o 22/11/2018  

Eleccións ao Consello Escolar


Abriuse o prazo para a elección do Consello escolar, os candidatos que se presentaron foron os seguintes:

PAIS DE ALUMNOS  - CURSO  2018/2019

• Dª SONIA MARÍA RIAL RODRÍGUEZ
• Dª Mª VANESSA  PADÍN GONZÁLEZ
• Dª Mª GUADALUPE  CASTRO  TORRES
• Dª Mª NIEVES  JAMARDO  REY
• D. JOSE CARLOS  MÉNDEZ  PADÍN
Publicado por Roberto o 19/11/2018  

5º e 6º EP: Visita a DOMUS


Os nenos de 5º e 6º de primaria visitamos, este mes de novembro, a DOMUS, museo interactivo na cidade da Coruña, que trata de forma monográfica o ser humano. Pola tarde e, despois de comer, visitamos o Museo das Ciencias. Foi un día moi completo. Fotos
Publicado por Roberto o 19/11/2018  

CONCURSO DE GUIÓNS CINEMATOGRÁFICOS “CURTAS CONTRA AS VIOLENCIAS DE XÉNERO”


Os nosos alumnos e alumnas participaron con entusiasmo neste certame para todos os colexios de Sanxenxo, e plasmaron a súa visión orixinal da violencia de género, e o guión gañador foi o de 4º da ESO "¿Quién se apunta a tomar algo en el bar de siempre?"  de Noelia Dopazo, Paula Rodríguez e Naroa Pérez 4º da  ESO do noso colexio.
"Nunca te fies da xente" de Julia Soutullo Parada e Laura Jamardo Cores de  3º e 4º da  ESO foron finalistas, e  "A discriminación do fútbol" de  Gabriel Fernández González de 3º da  ESO obtivo unha mención. ¡Noraboa!
Publicado por Roberto o 15/11/2018  

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS: O OUTONO


Os nenos de 4 anos observamos o outono, as suas cores os seus froitos as festas e aprendemos moitas cousas. Fotos
Publicado por Roberto o 12/11/2018  

HALLOWEEN : CONCURSO DE DISFRACES Y PLAYBACKS


Halloween is celebrated on 31st October all around the world, especially in the UK and the US. The origin of this festivity is Samhain, a tradition from the Celtic tribes, in which people protected their homes from the evil spirits by trying to frighten them away with scary decorations. In Colexio Abrente, last Friday we celebrated our own Halloween party where we dressed up as spooky creatures. As usual, we had two contests: the costume parade and the playback competition. We saw a lot of terrifying costumes:skeletons, zombies, evil clowns…  Photos
Publicado por Roberto o 08/11/2018  

Charla sobre a violencia de xénero


O pasado 7 de outubro os alumnos de 3º e 4º da ESO asistiron a unha charla informativa sobre o acoso que sofren as mulleres no mundo por causas de violencia de xénero e aprenderon como hai que actuar en caso de sufrilo ou ser testigo desta situación. Fotos
Publicado por Roberto o 08/11/2018  

Charla transplantes


O pasado 11 de outubro os alumnos de 3º e 4º da ESO asistiron a unha charla informativa sobre a situación e importancia dos transplantes de órganos en España. Descubrindo como funciona todo o proceso, dende que unha persoa doa un órgano ata que outra en lista de espera o recibe. Fotos
Publicado por Roberto o 08/11/2018  

Fun with English: Halloween


Learning English is fun. Last week, we learnt vocabulary related with Halloween. We had lots of fun. First, we learnt how to say the different vocabulary related with this festivity and we reinforced it with games. Afterwards, we played and enjoyed with a little theatre play. Photos
Publicado por Roberto o 08/11/2018  

Samaín 2018


O Equipo de Dinamización Lingüística vén  de organizar o tradicional CONCURSO DE CABAZAS DE SAMAÍN, cunha gran participación por parte dos alumn@s, pais e nais do Centro. Os traballos presentados tiveron unha gran calidade técnica, poñéndollo moi complicado ao xurado a elección dos gañadores. Os mellores traballos tiveron como agasallo un lote de produtos para elaboración dun cocido. PARABÉNS AOS GAÑADORES. Fotos
Publicado por Roberto o 05/11/2018  

O esqueleto do Samaín


Os alumn@s de E. Infantil 5 anos quixemos celebrar o Samaín elaborando un esqueleto moi especial, non daba moito medo, pero fíxonos pasar uns momentos moi divertidos coa súa construción e cantándolle cancións. Fotos
Publicado por Roberto o 05/11/2018  

Concurso de debuxo


Un ano máis dende  o Equipo de Dinamización Lingüística organizamos un concurso de debuxo, coa finalidade de dar a coñecer e motivar ao alumnado a practicar o xogo tradicional do trompo. As gañadoras foron Sara Salomón de 2º de E.P, Lucía Meis de 4º de E. P.,  Judith Prieto e Claudia Rosal de 5º de E. P. Fotos
Publicado por Roberto o 05/11/2018  

Casting de Radio Abrente


O pasado mes realizamos o casting de Radio Abrente, có fin de atopar os novos participantes da radio do novo curso escolar. O xurado estivo composto por mestras colaboradoras da radio, e o alumnado que acudiu non o puido facer mellor! Noraboa a todos e grazas pola vosa participación, sodes incríbles! Fotos. Vídeo.

Despois dunha longa deliveración a decisión do xurado é a seguinte:

Publicado por Roberto o 29/10/2018  

ESCOLA DE VERÁN ABRENTE: AGOSTO 2018


1º QUINCENA AGOSTO “DETECTIVES EN ACCIÓN”
Hello! Na primeira quincena de agosto realizamos actividades de detectives máis complexas. Fixemos xincanas, xogos e buscamos pistas ao aire libre; aprendemos a facer papel máxico; familiarizámonos cas novas tecnoloxías a través da “realidade aumentada”; realizamos retratos 3D de sospeitosos; fomos uns auténticos minichefs facendo galletas de caras; probamos a luza negra e pintamos as escuras; xogamos na piscina con xeos de colores e xoguetes de auga; e para rematar a quincena recibimos a visita dos “Bombeiros”. Pasámolo xenial! SEE YOU SOON!  FOTOS
2º QUINCENA AGOSTO “DETECTIVES EN ACCIÓN”
HI! Na segunda quincena fomos detectives de arte, traballamos a Joan Miró e o seu cadro “Colourful fish” en varios tamaños e moitas cores (podedes ver a gran obra no haul do colexio).  Tamén xogamos a moitos xogos de auga: con globos, con paracaídas, con xoguetes de auga, con vasos… Os últimos días estivemos preparando un disfrace para a festa fin de verán, un disfrace de “Explorador/a do Safari”, estábamos moi guapos e gozamos moito. A escola de verán xa remata, este verán conseguimos ser uns auténticos detectives (de arte, de cociña, de auga, de letras….), fixemos moreas de actividades, xogamos, cantamos, practicamos inglés, e pasámolo moi ben. Ata o próximo verán, moitas gracias. FOTOS
Publicado por Andrés o 14/09/2018  

INFANTIL 0-1 ANO: AGOSTO 2018


Este verán tivemos a incorporación de novos compañeiros/as polo que o comezo foi un pouco de adaptación pero aínda así poidemos disfrutar de actividades moi divertidas típicas desta estación como foron días de piscina, xogos con auga, picina de bolas…e rematamos o verán coa celebración dunha  gran festa onde atemática foi o safari e nos dirfrazámonos de cebras . Pasámolo  xenial! FOTOS
Publicado por Andrés o 11/09/2018  

INFANTIL DE 1-2 ANOS: AGOSTO 2018


Este agosto foi moi caluroso, e para levar o calor o mellor posible, tivemos a piscina e xogos de auga, quedando fresquiños como leitugas. Nos talleres de cociña fixose unha boliñas de chocolate simulando os cocos para os monos, e unhas palmeiras de froitas que degustamos con moita ansia. Tamén traballamos moito coas pinturas realizando unhas caretas de monos e os plátanos,uns prismáticos en un taller de pintura corporal. Como os días de calor non cesaban, recibimos a visita dos bombeios que coas mangeiras de auga e espuma deixaronos todos fresquiños. E para rematar o mes unha gran festa , a temática de safari fixo que nos disfrazásemos de xirafas ,pasando xenial. FOTOS: PISCINA   TALLER COCIÑA   TALLER PINTURA   BOMBEIROS   XOGOS AUGA   FESTA VERÁN
Publicado por Andrés o 11/09/2018  

INFANTIL DE 2 ANOS: AGOSTO 2018


      Neste mes aproveitamos o bo tempo para seguir poñendonos a remollo nas piscinas todas as semáns. Comezamos traballando os sentidos e acabamos o mes desfrutando da expresión plástica en todas as súas formas. FOTOS: ART ATTACK   CUMPLES   OBRADOIRO RELAXACIÓN   PISCINAS   SENTIDOS 
     FESTA FIN DE CURSO: Este ano tocou a temática da xungla. A unidade de 0-1 disfrazánronse de cebras, os pequenos de 1 a 2 estiraron o seu colo para convertirse en fermosas girafas, os de 2 a 3 uns indixenas e os mais maiores uns curiosos exploradores.  FOTOS
     FESTA DA ESCUMA: O corpo de bombeiros de Sanxenxo propuxeronnos achegarse para xogar cos nenos e facer unha festa de escuma. Pasamolo xenial todos, nenos e mestras. Cubríannos de escuma e despois nos bañaban para quitárnola e asi poder comezar outra vez. Algúns  valentes bucearon entre as pompas xa que non picaba nos ollos, outros so se atrevían a observar desde lonxe pero todos o pasamos estupendo. FOTOS
Publicado por Andrés o 11/09/2018  
Pág./s  [1] 2 3 ... 30 31 32