coloniass.jpg
ESCOLA INFANTIL 0-3
CARREIRA ESCOLAR

logo-carreira-2017.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria. Unha visita moi musical...


Sabedes o que ocorre cando se xuntan dúas artes fascinantes como a Literatura e a Música...? Que xorden actividades tan divertidas como a que se programou desde o Departamento de Educación Artística para o martes 28 de abril no noso cole: a actuación do grande músico e profesor Héctor Lorenzo. Xunto coa súa guitarra e a fantástica colaboración do alumnado de 3, 4 e 5 anos de Infantil, e de 1º e 2º de Primaria, entre outros, que o acompañaron coas súas voces, palmas, e mesmo asubíos entonados, puxeron música a varios poemas do escritor Raúl Gómez Pato, contidos no libro de poemas titulado Cousas de papá. Fotos
Publicado por Roberto o 24/04/2017  

ESCOLA INFANTIL ABRENTE: LISTADO DE ADMITIDOS


A continuación publicamos os listados de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 2017-2018 para alumnos de Educación Infantil de 0-3 anos. LISTADO
Publicado por Andrés o 21/04/2017  

English traditions: Easter.


Last week we got to know a bit more about English traditions. We watch some videos about Easter traditions, we listened to Alex's stories about it and we also had the opportunity to decorate some Easter eggs in the arts lesson.Some of us decorated a real egg, which was previously boiled, whereas others coloured some original eggs. We enjoyed the experience a lot.  Photos
Publicado por Roberto o 19/04/2017  

Obradoiro de xardinería en Educación Especial


O contacto coa natureza, aprender a sementar ou observa-lo proceso de xerminación e crecemento son só algúns dos obxectivos perseguidos polas mestras con este taller, quen aproveitaron para enlazalo cos temas que están a tratar na aula. A primavera, os cambios ou as froitas, forman parte do programa do segundo trimestre da Aula de Educación Especial.

Pero o taller nin comezou nin rematou aquí. Agora a esperar que medren! Fotos
Publicado por Roberto o 10/04/2017  

2 de abril o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo


"Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible" é o tema elixido este ano 2017 para celebrar o 2 de abril o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
 
As persoas con autismo enfróntanse a numerosas barreiras á hora de gozar dos seus dereitos fundamentais e de formar parte plenamente da comunidade.

Publicado por Roberto o 03/04/2017  

INFANTIL DE 1 ANO: ACTIVIDADES


REGALO DO PAI: Os nenos/as das aulas dun ano fixeron un fermoso estuche para os bolígrafos, esperando que fora do gusto do seus papás. FOTOS
PSICOMOTRICIDADE: Pasámolo divertido fancendo psicomotricidade e sendo cada vez máis autónomos nosos movementos. FOTOS
UNIDADE DIDACTICA: Canto traballamos: o inverno cos seus gorrros e mantas, as cores azul e vermello. FOTOS
Publicado por Andrés o 02/04/2017  

INFANTIL DE 2 ANOS: REGALO DO DÍA DO PAI


Os nen@s de 2 anos  pintamos uns coches para que os nosos papás os puideran colgar nos seus coches. Coa “teacher” tamén decoraron unha bonita garabata para desexarlles un “HAPPY FATHER’S DAY”. FOTOS
Publicado por Andrés o 02/04/2017  

INFANTIL DE 2 ANOS: OBRADOIRO DE XARDINERÍA


Para convertirnos nuns bos científicos temos que aprender como se produce o crecemento das prantas así que prantamos uns xirasois, e despois regámolos ben. Agora só nos queda esperar  a que crezan e ver como nacen as primeiras follas para deixar paso a fermosa flor. FOTOS
Publicado por Andrés o 02/04/2017  

INFANTIL DE 2 ANOS: OBRADOIRO DE COCIÑA EN INGLÉS


A “teacher” preparou un aobradoiro para facer unas “cookies”  con forma de corazón con motivo do día de San Valentín e así  declarar o noso amor aos nosos pais. FOTOS
Publicado por Andrés o 02/04/2017  

2 EP. DÍA DO PAI


Chegou o día do Pai e na aula fixémoslle un agasallo aos nosos pais tan bonito como se merecen. Usamos pintura de dedos, cartolinas de cores e cintas de regalo para escribir unhas mensaxes dicindolle o moito que os queremos e o ben que o pasamos xuntos.
Estamos seguros que o recibirán con todo o cariño e o gardarán como recordo. Fotos
Feliz día do Pai!
Publicado por Roberto o 18/03/2017  

Social values 1st. Working as a team


In Social Values we are learning about healthy habits and also about how girls and boys are both responsible of the daily chores. Thus, we want to share with you some pictures of us baking biscuits as well as preparing a poster about how to be fit and healthy. 
We had a great time and we enjoyed working as a team and sharing our biscuits with all our classmates.  Photos
Publicado por Roberto o 16/03/2017  

SEMANA BRANCA EN LEITARIEGOS


002017neve.jpgEspectacular viaxe realizado por alumnos e alumnas de 5º de primaria a 3º de ESO á Estación de Leitariegos (León). Durante toda a semana os alumnos poideron disfrutar das clases de esquí e diversas actividades e xogos. Foi unha semana inolvidable para todos e xa temos moitas ganas de volver o vindeiro ano. Queremos agradecer a Miguel Q, Ángela e Miguel, monitores que nos acompañaron e que fixeron que todo funcionase á perfección, a Ayuko Aventura con Pablo á cabeza cunha organización excepcional e ós mestres do cole, Miguel, Maica e Andrés que acompañaron ó grupo. FOTOS: NEVE1   NEVE2   MANNEQUIN CHALLENGE
Publicado por Andrés o 11/03/2017  

Aviso


Estimadas familias:

Queremos por en coñecemento de toda a nosa comunidade educativa, que debido a aparición dunha sospeita de enfermidade meningocócica (MENINXITE), o Colexio Plurilingüe Abrente, ACTIVOU O PROTOCOLO que a Xefatura Territorial de Sanidade lle indicou, para o curso afectado (informando a todos os pais de forma directa e persoal), e cumprindo en todo momento, os termos de confidencialidade esixidos polo protocolo establecido.
Calquera dúbida que poidan ter, pode ser consultada cos técnicos de Epidemioloxía do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas da Xefatura Territorial de Sanidade de Pontevedra. Teléfonos: 986 885809 - 986 885872.

Pregamos o máximo respecto e apoio á familia d@ nen@, pois a súa recuperación é o máis importante nestes momentos.

Atentamente,
A Dirección.
Publicado por Roberto o 10/03/2017  

8 de marzo, día internacional da muller


O Día Internacional da Muller, é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade, de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, para facer ver as súas reinvindicacións para mellorar as condicións, festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos.
Desde o colexio Abrente facemos unha especial homenaxe, en especial a 32 mulleres galegas, que poñen nome ás aulas e diferentes salas do centro. A exposición será permanente.
Tamén deixamos os seguintes recursos interactivos para traballar este día en infantil, primaria ou secundaria. Fotos

Publicado por Roberto o 09/03/2017  

INFANTIL DE 1 ANO: ESTIMULACIÓN TEMPERÁ


Nestas dúas últimas sesións aprendemos e reforzamos moitas cousas coma abrir e pechar  botellas, sacar e meter obxectos,  arriba e abaixo,  construir torres grandes e pequenas, clasificar obxectos segundo a súa cor vermella ou azul, pasar páxinas de contos e observalos… E coma non tamén tivemos tempo para bailar, xogar coas pelotas, facer equilibrios, saltar…e divertirnos coas nosas familias. FOTOS: 3ª SESIÓN   4ª SESIÓN
Publicado por Andrés o 05/03/2017  

INFANTIL DE 2 ANOS: MARTES DE ENTROIDO


Propuxémoslle aos nen@s un recuncho de entroido onde atoparon diferentes disfraces, complementos e incluso maquillaxe, este día puideron escoller o que lles apetecia e probar o que quixeron. Pasárono moi ben e experimentaron moito. FOTOS
Publicado por Andrés o 05/03/2017  

INFANTIL DE 0-3 ANOS: O ENTERRO DA SARDIÑA


Este ano fixemos o enterro da sardiña, acompañámola nos seus últimos momentos e chorámoslle un montón. FOTOS
Publicado por Andrés o 05/03/2017  

INFANTIL 0-3 ANOS: O ENTROIDO


Un ano máis adicamos toda unha semana ó Entroido. O luns os nen@s tiveron que traer da casa un complemento, o martes fixeron unhas caretas ( bebés- orellas de leopardo, os de 1 ano- antiface musical, os de 2 anos- antiface de moucho), o mércores tivemos obradoiro de maquillaxe, o xoves  viñeron disfrazados da casa (disfraz libre) e o venres saimos a desfilar polo colexio  de comparsas musicais. Para a festa do venres os pais colaboraron traendo algún doce típico destas datas, estaba todo moi bo e pasámolo xenial!! FOTOS: 0-1 ANO   2 ANOS    AULAS ROSI-SOL
Publicado por Andrés o 05/03/2017  

Making masks in 2nd Primary


Last Wednesday we had a great time making masks. We cut out and decorate some masks to get into the Carnival spirit. We hope you like the pictures we took wearing our new and original masks.  We enjoyed a lot this arts and crafts lesson. Photos.
Publicado por Roberto o 02/03/2017  

O Refuxio de animais de Cambados visita a nosa escola


O día 14 de febreiro recibimos na nosa escola ao Refuxio de Cambados. Neste día podemos desfrutar dunha xornada educativa a través da que reflexionar e concienciar sobre a importancia do respecto e o coidado dos animais e do medio ambiente. Durante a mañá, o alumnado puido analizar a responsabilidade que require o coidado dunha mascota no fogar. Fotos
Publicado por Roberto o 02/03/2017  

ENTROIDO 2017


FOTOS DO ENTROIDO: GRUPOS   DESFILE
Publicado por Andrés o 01/03/2017  

IV FESTIVAL XIMNASIA RÍTMICA COLEXIO ABRENTE


O pasado sábado celebrouse o IV Festival de ximnasia rítmica Colexio Abrente, no que participaron máis de 100 ximnastas de diferentes niveis e categorías. Participaron ximnastas do Club Apóstol Santiago de Vigo, Club Treboada, As Triscas, Cultural de Cambados, Liceo Casino de Vilagarcía e, como non, as ximnastas do Colexio Abrente. Estrenando a nova tempada 2017, o pavillón do Abrente encheuse de elegancia e ilusión. Aquí vos deixamos algunhas fotos. FOTOS: PASE1   PASE2   PASE3   PASE4   PASE5   DESFILE
Publicado por Andrés o 01/03/2017  

Charla de Orientación 4º da ESO


O xoves 2 de marzo se celebrará a Charla de Orientación para as nais e pais do alumnado de 4º de ESO ás 17.00.
Publicado por Roberto o 22/02/2017  

Escola de Familia 2016 -2017


O martes 21 de febreiro remataron Escolas de Familia do curso 2016-2017 cunha participación moi colaboaradora e positiva de 23 nais.
Os temas tratados nesta edición dedicada ás etapas de Primaria e ESO foron os seguintes:
 
·      FORTALECER A AUTOESTIMA (17 XANEIRO)
·      A COMUNICACIÓN (24 XANEIRO)
·      A CONVIVENCIA NA ESCOLA (31 XANEIRO)
·      A CONVIVENCIA NA CASA… (7 FEBREIRO)
·      EDUCAR EN IGUALDADE DE XÉNERO (14 FEBREIRO)
·      CIBER: NOVAS TECNOLOXÍAS, PERIGO OU FERRAMENTA. (21 FEBREIRO)

A valoración foi moi positiva tanto dos temas  tratados como dos profeisonais ponentes. Entre as suxestións presentadas polas participantes están: Maior duración das escolas, falar de como se levan dende o centro os posibles casos de bullying e maior debate e prantexamentos prácticos.

Publicado por Roberto o 22/02/2017  

Animación a lectura na educacion infantil


Hoxe tivemos a visita das profes do concello que viñeron coas súas maletas viaxeiras a contarnos unhas bonitas e divertidas historias.
Aquí vos deixamos as imaxes do momento das lecturas. Fotos

Publicado por Roberto o 18/02/2017  
Pág./s  1 [2] 3 ... 23 24 25