coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

debuxo_carreira_17_18web.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

2º - 3º ESO: PROXECTOS DE TECNOLOXÍA


Durante o primeiro trimestre @s alumn@s de tecnoloxía de 2º, 3º e 4º de ESO realizaron varios proxectos no taller de tecnoloxía. Despois de varios meses de traballo xa teñen os seus proxectos listos para a exposición que se realizará a final de curso. Agora toca empezar con novos proxectos para o 2º e 3º trimestre. FOTOS
Publicado por Andrés o 16/01/2018  

3º - 4º ESO: VISITA OURENSE


@s alumn@s de 3º e 4º de ESO realizaron unha visita á cidade de Ourense para visitar a fábrica de plásticos de inxección INPLASOR, no polígono de San Cibrán. Alí, poideron observar o proceso de frabicación de plásticos polo método de inxección, para abastecer as principales cadeas de montaxe de vehículos. Despois tivemos un momento de relax nas termas de Outariz. FOTOS
Publicado por Andrés o 16/01/2018  

INFANTIL DE 2 ANOS: ARTE DE KEITH HARING


No primeiro trimestre traballamos o arista social que reflicte  o espírito da xeración pop e a cultura da rúa de Nova York: Keith Haring. Fixemos un mural a tamaño real no que marcamos a silueta dos nosos corpos, quedamos moi quietos e expectantes para que todo saise ben. Tamén fixemos unhas esculturas que son dúas figuras bailando, cada una dunha cor diferente e,  na tardiña, fíxose unha escultura a tamaño real de dous nenos. Todo isto inspirado en Keith Haring. Está todo no pasillo da entrada ás clases para que poidades ver a nosa exposición de arte acompañada dunhas fotos do proceso e, seguiremos traballando moito para seguir sacando aos artistas que temos dentro. FOTOS   ARTIGO PRENSA
Publicado por Andrés o 16/01/2018  

EDUCACIÓN ESPECIAL: NADAL


Como todos os anos, no mes de decembro, comezamos coa preparación do Nadal: fixemos unha árbore con pasta, realizamos un marco de fotos, escribimos a carta dos Reis Magos, decoramos a nosa aula, tivemos un obradoiro de cociña e ata un concerto de violín... Coma sempre, pasámolo en grande! Fotos
Publicado por Roberto o 12/01/2018  

Alexandre Filgueira: Distribución linux "Antergos"


Alexandre Filgueira, ex-alumno do colexio, estivo no colexio explicándolle aos alumnos de 3º e 4º da ESO como iniciou o proxecto da distribución linux Antergos, ata chegar a ser unha das mellor valoradas a nivel mundial no ano 2017. Por outro lado, transmitiulles a súa experiencia na aventura de saír a traballar ao estranxeiro e os diferentes retos que se encontrou polo camiño. Fotos
Publicado por Roberto o 08/01/2018  

Os dereitos humanos e @s nen@s


Os alumnos da ESO prepararon unha pequena charla para transmitirlles aos seus compañeiros de Primaria e Infantil os dereitos dos nenos recollidos na Declaración de dereitos humanos. Fotos
Publicado por Roberto o 08/01/2018  

Charla coloquio sobre os Dereitos Humanos


O día 10 de Decembro celebrouse o día dos dereitos humanos. O departamento de Ciencias Sociais preparou unha serie de activades para acercar esta celebración aos alumnos de primaria e secundaria. Os pais de varios alumnos orixinarios de outros países, explicáronlle aos alumnos da ESO como foi a súa experiencia persoal ao viaxar por outros países, e como se adaptaron ao chegar a España. Fotos
Publicado por Roberto o 08/01/2018  

Concurso "Sanxenxo no Nadal" de Terra de Sanxenxo


No concurso de debuxo convocado polo organísmo Autónomo Terra de Sanxenxo, "Sanxenxo no Nadal", os seguintes alumnos do colexio obtiveron premios ou quedaron finalistas:

Educación Infantil
2º Premio: Ainhoa García Martínez
1º Ciclo
3º Premio: Alaba Lima Calo
Finalista: Elba Vidal Silva
2º Ciclo
1º Premio Noa Pérez Cores
Finalistas: Hugo Fernández Lago,Anxo Carballa Oubiña
Publicado por Roberto o 08/01/2018  

Merry Christmas and happy New Year!


We want to wish you all the best for 2018. At the same time we want to share with you the nativity scene that some of the pupils did so that we could get into the Christmas spirit. We hope you are enjoying the Holidays and you come back full of energy and good memories to continue the Academic Year. Photos
Publicado por Roberto o 07/01/2018  

INFANTIL 2 ANOS (DORI): PSICOMOTRICIDADE e ACTIVIDADES


AquÍ deixámosvos algúns exemplos do que facemos no ximnasio, somos uns deportistas de élite que somos capaces de gatexar, escalar, pasar por pontes movedizas e saltar máis alto que os canguros. Por outro lado, xa puidemos estrear o parque novo, traballamos coma uns campións porque xa somos maiores, e fixemos moitas cousas novas. Por isto temos tan boas notas! . FOTOS: PSICOMOTRICIDADE   ACTIVIDADES
Publicado por Andrés o 28/12/2017  

INFANTIL 1-2 ANOS: ESTIMULACIÓN TEMPERÁ SESIÓN 2


Seguimos aprendendo e xogando. Repasamos as partes do corpo, puxémonos o sombreiro, xogamos o cu-cú,  traballamos o equilibrio coas pelotas grandes e rematamos facendo pompas. FOTOS
Publicado por Andrés o 28/12/2017  

INFANTIL 2 ANOS: NADAL


Traballamos moito para prepararnos para o nadal, aprendemos villancicos en inglés, castelán e galelo, decoramos árbores, campás, disfrazámonos de papa noeis e tocamos as panderetas a todas horas, as nosas mestras xa estan desexando cambiar por algún instrumento mais silencioso! FOTOS: ALMU   DORI
Publicado por Andrés o 28/12/2017  

INFANTIL 0-3 ANOS: CONCERTO DE NADAL


Un ano máis tivemos a sorte de poder desfrutar dun concerto musical que prepararon para nós con moito cariño mestres e alumnos do Colexio Abrente. Comezaron presentándose e contándonos que nos ían a tocar, e así un a un escoitamos guitarras, trompetas, clarinetes, saxofóns, panderetas, violíns e incluso unha gaita coa que bailamos unhas muiñeiras. Tamén nos tocaron a nosa canción favorita que é o cumpreanos e algún que outro villancico. Foi moi divertido e estivemos mais dunha hora abraiaados coa musica. FOTOS
Publicado por Andrés o 28/12/2017  

INFANTIL 0-1 ANO: ACTIVIDADES TRIMESTRE


Este primeiro trimestre os nenos e nenas de 0-1 ano ainda que lles costou  un pouquiño adaptarse a escola finalmente disfrutaron facendo un montón de actividades moi divertidas entre elas destacar o taller de relaxación, a cestiña dos tesouros e como non a súa primeira sesión na aula de experimentación.  Pasámolo moi ben e despedimos este primeiro trimestre cunha gran festa onde nos disfrazamos de papa noel. FOTOS: ACTIVIDADES   AULA EXPERIMENTACIÓN   CESTIÑA DOS TESOUROS   NADAL   TALLER DE RELAXACIÓN
Publicado por Andrés o 28/12/2017  

INFANTIL 0-3 ANOS: ACTIVIDADES DE TARDE


Nestes meses finais de ano continuamos traballando o círculo, a cor vermella e a casa; fixemos un obradoiro de ciencia onde creamos neve e realizamos manualidades de Nadal: un Papá Noel, un reno coa nosa man, unhas campás de Nadal, unha árbore de Nadal cos pés e cantamos moitas panxoliñas. FOTOS
Publicado por Andrés o 28/12/2017  

INFANTIL DE 1-2 ANOS: AULA DE EXPERIMENTACIÓN


Este ano contamos cun aula nova onde lles presentaremos aos nenos diferentes cousas que eles poderán manipular ao seu antollo, descubriran ao seu ritmo sen que ninguén lles diga que facer. Irán en pequenos grupos observados por unha mestra. Estrenamos a actividade propoñendo una aula de experimentación do outono na que os nenos e nenas atoparan follas secas no chan e pendurando do teito xunto con papeis con follas estampadas de cores, cestiñas tapadas con productos típicos destas datas, piñas, cabazas, millo, castanas, noces... O primeiro  grupo pasouno moi ben e experimentaron con todo canto puideron, tiraron follas o aire, riron, compartiron e curiosearon. SOL   ALMU   PATRI   ROSI
Publicado por Andrés o 28/12/2017  

INFANTIL DE 1 ANO: ESTIMULACIÓN TEMPERÁ


Un ano máis comezamos co obradoiro de estimulación temperá no curso de 1-2 anos. Tivemos unha primeira toma de contacto, xogamos cos aros, cos axóuxeres, as pelotas sonoras, pasamos polo túnel e todos foron moi valentes. Rematamos buscando ovos musicais no medio. FOTOS
Publicado por Andrés o 28/12/2017  

Radio Abrente: Visita de Santiago Salomón


O pasado martes 12 de decembro tivemos a sorte de contar con Santiago Salomón, bombeiro de Sanxenxo, para unha entrevista para o noso programa de radio, Radio Abrente, que colgaremos na web ao longo desta semana. O reporteiro Pedro levou a cabo unha entrevista do máis interesante, achegándose ao tema dos incendios acontecidos fai uns meses na nosa comunidade. Ademais contamos coa colaboración de alumnos e alumnas de educación primaria e da educación secundaria obrigatoria, que unha vez finalizada a entrevista de Pedro, tiveron tempo para facer as súas propias preguntas. Foi unha experiencia do máis interesante para todos nós. Fotos


Publicado por Roberto o 18/12/2017  

O Apalpador


Dende o Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio, queremos por o noso gran de area na recuperación da tradición dun ser moi especial e que esperta gran agarimo por parte dos máis pequen@s, a figura do APALPADOR. Por iso  o vindeiro  xoves 21 pola mañá  visitaranos  para  tocarnos as barrigas,  desexarnos  unhas  felices festas e  agasallarnos  con algunha lambetada. Fotos

apalpador.jpg
Publicado por Roberto o 15/12/2017  

Campionato de Trompos 2017


Un ano máis dende o Equipo de Dinamización Lingüística organizamos o XXIV CAMPIONATO DE TROMPOS, nas modalidades de escachar e malabarismos, coa intención de fomentar un dos   xogos tradicionais que fixo a ledicia de moitos de nós na nosa nenez. Nesta edición houbo unha gran participación e o nivel dos competidor@s  estivo a gran altura. Todos os participantes recibiron un agasallo donado pola ANPA do Centro. Paralelamente a esta competición organizamos o concurso “QUE BAILE O TROMPO”, onde os nosos alumn@s amosaron o seu bo facer e a súa creatividade nos traballos presentados. Os gañador@s recibirán unha entradas para ir ao cine.Fotos
Publicado por Roberto o 05/12/2017  

Carreira Escolar de Baltar


O pasado día 17 de Novembro tivo lugar a carreira Escolar de Baltar na que o noso colexio obtivo un posto destacado con varios alumnos nos primeiros postos na maioría das categorías. Fotos
Publicado por Roberto o 29/11/2017  

Escola de Nais e Pais


De novo poñemos en marcha a Escola de Nais e Pais coa intención de axudar a todas as familias na complexidade que é educar a fillas e fillos.
Este curso queremos centrar a atención na SAÚDE FÍSICA E EMOCIONAL como bases para unha educación no benestar. 

AS DATAS: Serán no mes de novembro os seguintes días:         
MARTES 14 (Dr. Ricardo Santolaya. Médico Pediatra)         
MARTES 21 (Dna. Sandra Fernández. Psicóloga)     
XOVES 30 (Dna. Sandra Fernández. Psicóloga) HORARIO: 15:10 a 16.45 hs

PARA NAIS, PAIS DOS CURSOS:
INFANTIL de 3 a 6 
PRIMARIA de 1º a 3º 
Publicado por Roberto o 16/11/2017  

INFANTIL DE 1-2 ANOS: XOGO HEURÍSTICO


Disfrutaron moito experimentando e manipulando os obxetos.  Presentamos dous materiais para que a recollida fora máis sinxela. Ao longo do curso iremos ampliando. FOTOS
Publicado por Andrés o 14/11/2017  

INFANTIL DE 1-2 ANOS: UNIDADE DIDÁCTICA


Coñecemos a mascota Bebi que nos acompañará ó longo deste curso e o seu amigo Next. Traballamos a cor vermella e as partes da cara. FOTOS
Publicado por Andrés o 14/11/2017  

INFANTIL DE 1-2 ANOS (SOL E ROSI): O OUTONO


Despois de superar con nota a adaptación,comezamos a traballar o outono ,para iso experimentamos coas follas e as cabazas, e para rematar puidemos pintalas no papel con pintura de dedos. FOTOS
Publicado por Andrés o 14/11/2017  
Pág./s  1 2 [3] 4 ... 28 29 30