coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

logo-carreira-2017.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

FESTIVAL TEATRO INFANTIL COLEXIO ABRENTE


2012esqueleto.JPGO pasado martes 18 de xuño celebramos no auditorio de Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo o tradicional festival de teatro infantil no que participaron @s nenos de 3, 4 e 5 anos e @s alumn@s da actividade extraescolar de Theatre Workshop. @s alumn@s de Theatre Workshop representaron unha obra en inglés chamada "Toys Story", @s nen@s de 3 anos fixeron as súa particular versión do conto dos tres porquiños, 4 anos representaron "A que saben os bicos?" e os de 5 anos recibiron os diplomas como recén "licenciados" en educación infantil. FOTOS: THEATRE WORKSHOP   3 ANOS   4 ANOS   5 ANOS   VÍDEO 5 ANOS 2008-2013          
Publicado por Andrés o 20/06/2013  

FESTIVAL EDUCACIÓN INFANTIL E XIMNASIA RÍTMICA


2012boda.JPGO pasado mércores 19 de xuño celebramos no pavillón do colexio o festival de fin de curso de educación infantil de 0-3 anos e da actividade extraescolar de ximnasia rítmica. O pavillón estivo repleto de pais e nais que disfrutaron das diversas actuacións. Dende a representación dunha boda d@s nen@s de 1 anos, os moteros ye-ye de 2 anos e as espectaculares coreografías das nosas atletas de ximnasia rítmica. Aquí vai un adelanto das fotos aínda que poñeremos máis nos vindeiros días. FOTOS: 1 ANO   2 ANOS   RITMICA1   RITMICA2   RITMICA3
Publicado por Andrés o 20/06/2013  

OBRADOIRO DO RACE EN SANXENXO


O RACE en colaboración coa Policía Local de Sanxenxo levará a cabo do 8 ó 12 de Xullo na Praza dos Barcos de Sanxenxo uns obradorios para todos alumnos de Primaria e ESO. As sesións lévanse a cabo cun grupo clase entorno a 25 alumnos cunha duración de 60 minutos. Haberá varios talleres: A seguridade no vehículo, o cinturón de seguridade, a seguridade na bicicleta, taller de alcoholemia, taller de ciclomotor, etc. Poden descargar toda a información no folleto informativo. FOLLETO.
Publicado por Andrés o 19/06/2013  

ESCOLA INFANTIL DE TARDE: ACTIVIDADES


@s nen@s da gardería de tarde tamén fixemos un montón de actividades como ximnasia, regalos para as nosas mamás, o xogo heurístico, contacontos, disfrazámonos, etc. Aquí vai un pequeno resumo fotográfico para que vexades que ben o pasamos. FOTOS
Publicado por Andrés o 11/06/2013  

INFANTIL DE 1 ANO: OBRADOIRO DE COCIÑA


Rematouse o taller de cociña con dous postres que fixeron as ledicias de tosdos, un sabrosísimo biscoito e unhas brochetas de froita con chocolate ummm. FOTOS
Publicado por Andrés o 11/06/2013  

INFANTIL DE 1 ANO: ESTIMULACIÓN TEMPERÁ; ÚLTIMAS SESIÓNS


Nestas dúas últimas sesións reforzamos conceptos: grande-pequeno, moitos-poucos, cores:  vermello-azul-amarelo, formas: círculo-cadrado-triángulo. Fixemos circuitos nos que tivemos que facer equilibrios, gatexar, saltar, ensartar... Rematamos facendo un bonito debuxo cos nosos papás, mamás, avoas empregando pinceis, mans, dedos e pintura azul, amarela, vermella e verde. Esperamos que as fotos sexan do seu agrado. FOTOS: 7ª SESIÓN  6ª SESIÓN  5ª SESIÓN  4ª SESIÓN  3ª SESIÓN   2ª SESIÓN  1ª SESIÓN  
Publicado por Andrés o 11/06/2013  

MELLORES LECTORES DA BIBLIOTECA


Este curso 2012-13 xurdiu a idea de premiar ao nen@s máis lectores con un diploma para animalos na súa andaina de descubrir novos mundos e novas sensacións a través da lectura. O camiño é apaixonante polo que animamos ás familias tamén a que lle boten unha man neste edificante camiño de mergullarse entre os libros. Ánimo a tod@s e noraboa. Grazas tamén ó mestre Xosé que foi o encargado da Biblioteca durante todo o curso. FOTOS
Publicado por Andrés o 10/06/2013  

HISTORIA DE SANXENXO


Durante este curso fixemos un proxecto no colexio sobre o Concello de Sanxenxo para saber un pouco máis da nosa historia, cultura, gastronomía, lendas, festas , etc, e para elo, o pasado xoves pola tarde contamos coa presenza no colexio dunha persoa colaboradora do libro “Sanxenxo raíces de mar”; Carmen Buezas que nos explicou de maneira amena e divertida un pouco da historia do noso concello ós alumn@s de 5º, 6º de Primaria e ESO. Moitas grazas. FOTOS
Publicado por Andrés o 10/06/2013  

CAMPIONATO XADREZ: FINAL


Despois dunhas apaixonantes semifinais chegou o momento das grandes finais. Por un lado xogaron Jacobo Guiance Maquieira de 2º EP e Julia Soutullo Parada de 3º EP resultando ganadora Julia. Por outro lado xogaron unha simultánea  Jorge Segura Santos de 6º EP contra  Francisco Martín González Vázquez  de 4º EP, Jonathan Couto Padín de 5º EP, Pablo Martínez Alfonso de 6º EP, Santiago Rey García de 1º ESO, Leonardo Leiro Vidal de 2º de ESO, Azucena Nuevo Pousada, Ángela Varela Dios e Luis Priegue Lustres de 3º ESO e Adán Outón Freijeiro de 4º ESO resultando ganador Leonardo. Foron unhas estupendas partidas e agardo que o próximo curso teñamos polo menos o mesmo nivel de participación e calidade. Un saúdo a tod@s e noraboa aos gañadores. FOTOS
Publicado por Andrés o 10/06/2013  

CONSTRUCCIÓN DUN MAIO


Este ano, continuando coa tradición emprendida fai uns anos, construímos o noso Maio coa colaboración de todo o colexio. O alumnado móstrase moi participativo e con ganas de aprender como é a súa construcción. Dirixidos polo mestre Xosé Rodríguez e grazas á colaboración de tod@s e tamén das familias conseguimos facer un Maio moi bonito. Vémonos para o ano vindeiro.  FOTOS
Publicado por Andrés o 10/06/2013  

XIMNASIA RÍTMICA: CAMPIONATO GALEGO


O equipo cadete do Equipo de Ximnasia Rítmica do Colexio Abrente formado polas ximnastas Ana Outeda Rey, Silvia Muiños Aspres, Ana Rodríguez Amestoy e Cristina Outeda Rey acadaron un moi meritorio oitavo posto no Campionato Galego de Ximnasia Rítmica que reuniu o pasado 26 de Maio en Marín, os mellores equipos chegados de distintos puntos de Galicia. Foi un recoñecemento para estas ximnastas que traballaron moi duro durante este ano baixo a dirección da nosa entrenadora Raquel Martínez. Noraboa as nosas ximnastas!! FOTOS
Publicado por Andrés o 10/06/2013  

III CONCURSO DE MONÓLOGOS COLEXIO ABRENTE


O III Concurso de monólogos Colexio Abrente celebrouse neste pasado mes de maio, dende o día 13 ó 22, no ximnasio do colexio. Este concurso de habilidades orais (contáronse anécdotas, historias, contos…), foi organizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do centro co ánimo de promove-lo uso do galego entre o alumnado. Houbo premios en dúas categorías, 3º ciclo de EP e ESO; nelas resultaron gañadores respectivamente, por aclamación popular, Iván Ortigueira (6º EP) e Adán Outón (4º de ESO). Noraboa ós gañadores e grazas ó público asistente! Xa esperamos a edición do ano que vén… FOTOS
Publicado por Andrés o 07/06/2013  

CAMPIONATO DE XADREZ COLEXIO ABRENTE


Un ano máis dá comezo o campionato de xadrez do Colexio Abrente. Ao igual que en anos anteriores a participación é moi alta e repartida en todos os cursos por igual. As primeiras partidas son moi entusiastas e cheas de ánimos por chegar á final. A medida que avanza o campionato xa se van clarificando as posicións e do entusiasmo pasamos á concentración e a tensión vai en aumento. Dende logo todo isto desenvólvese nun ambiente lúdico e divertido pero moi entusiasta. Xa se achega a gran final e iso nótase na cara d@s participantes . Ánimo a tod@s e moita sorte. FOTOS
Publicado por Andrés o 27/05/2013  

DÍA DA CIENCIA


O pasado mércores 22 de xuño, organizado polo Departamento de Ciencias, celebramos o II Día da Ciencia do Colexio Abrente, onde @s nos@s alumn@s de ESO, coordinados polo mestre Damián Guerra, realizaron unha serie de experimentos no laboratorio para expoñelos ós alumnos e alumnas de Educación Primaria. Dende as cores do arco da vella, erupcións volcánicas, visionado de células a través do microscopio, e outros experimentos que fixeron as delicias d@s nen@s de primaria. FOTOS
Publicado por Andrés o 27/05/2013  

EDUCACIÓN PRIMARIA: O MAGO NOEL


O pasado xoves recibimos no Colexio Abrente unha visita moi especial: ¡¡veu a visitarnos un mago!! o Mago Noel. Este mago tan simpático fixo unha actuación para todos @s alumn@s de Educación Primaria e a verdade é que pasómolo moi ben cos seus trucos e chistes. Tivemos bolas máxicas, ovos esnafrados, xogos de cartas e moito ... confeti!! Moitas grazas Mago Noel por visitarnos!! FOTOS
Publicado por Andrés o 27/05/2013  

INFANTIL DE 2 ANOS: OBRADOIRO DE PRIMAVERA


@s nen@s de Dora e de Almu prantamos semente de herba. Primeiro enchemos de terra uns vasiños, botamoslle a semente e tapámola cunha pouca terra. A continuación, regamos coa regadeira e, a crecer! Pasadas unhas semanas xa tiñamos unha herba moi grande. Rematamos o obradoiro colocándolles unhas pegatinas de ollos nos vasiños, debuxándolles unha boca e un nariz. Quedaronnos uns “punkies” listos para levar a casa. FOTOS
Publicado por Andrés o 27/05/2013  

INFANTIL DE 2 ANOS: OBRADOIRO DE COCIÑA: ¡Ó RICO TRIÁNGULO!


Nesta ocasión no obradoiro de cociña, preparamos uns riquísimos bocadillos coa forma de triángulo. Precisamos pan de molde, manteiga, pavo e queixo raiado. Coa axuda das mestras untamos a manteiga, colocamos o pavo e espolvoreamos o queixo. @s nen@s poideron observar como un cadrado converteuse en dous triángulos, pero o mellor de todo coma sempre foi o bos que estaban. FOTOS
Publicado por Andrés o 27/05/2013  

INFANTIL DE 3 ANOS: A PRIMAVERA E AS PLANTAS


Coa chegada da primavera, @s nen@s de infantil de 3 anos estivemos experimentando con sementes e plantas. Primeiro botamos as semillas nos nosos maceteiros e despois non nos esquecemos de regalas todos os días. Dentro de pouco veremos que é o que pasou con elas pero polo menos as nosas ventás xa teñen moita cor. Benvida Primavera!! FOTOS
Publicado por Andrés o 27/05/2013  

INFANTIL DE 1-2 ANOS: O MAGO NOEL


O mércores 19 de maio veunos a visitar o Mago Noel. Disfrutaron da súa actuación tanto os nenos de 1 coma os de 2 anos. O principio algún tivolle un pouquiño de medo pero según foi avanzando a actuación a todos lles gustou. Foi unha sesión de luces, maxia e moita cor. FOTOS
Publicado por Andrés o 27/05/2013  

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE PINTURA


2012pintura.JPGEn todo estudo sobre técnicas pictóricas o Realismo toma un importante protagonismo, moi presente en todo proceso de formación e de aprendizaxe dun artista. Por el pasou Picasso, Miró, Dalí e moitos outros grandes artistas do século pasado e  do actual. Todo artista nos seus inicios, e algúns o tomarán como base da súa obra, recaban na pintura realista, nun intento de adquirir o dominio da técnica e nunha búsqueda  por desenrolar un dominio e control na mezcla de cores, que lle de o artísta unha base sólida e firme para afrontar novas búsquedas no proceso creativo e imaxinativo. Por eso nestes traballos que aquí se mostran, os nosos alumnos retratan paisaxes e natureza con estilo realista, desenrolando así tanto o debuxo artístico como o exercicio pictórico , elaborando unha gran capacidade técnica coa mezcla de cores de tonos e matices moi diversos. As seguintes obras están feitas a acrílico (de Infantil ata 2º Primaria) e a óleo (3º a 6º Primaria) FOTOS: 1º TRIMESTRE   2º TRIMESTRE
Publicado por Andrés o 22/05/2013  

ATENCIÓN EDUCATIVA 2nd PE.


2012donkey.JPGToday we learnt about an animal that is in danger of disappearing: the donkey. We wrote some things about it. The teacher told us that it is very strong and in the past it worked a lot. Riding a donkey on the beach is one of the favourite activities for children in Britain. Then, we made our own donkey: we cut it out, wrote its name in the bridle, our name on the right and that was all !!! PHOTOS
Publicado por Andrés o 21/05/2013  

INFANTIL DE 1 E 2 ANOS: DÍA DA NAI


20121anonai.JPG@s nen@s da aula de Dora e de Almu fixeron un precioso broche para a súa mamá. Primeiro traballamos a arcilla, logo cun molde fixemos a forma quecada un escolleu. Tras deixalo secar pintámolo. As mestras axudaron un pouco a barnizar e a pegar o broche. Nos rematamos empaquetando os agasallos, que fixemos con toda a nosa ilusión. @s nen@s da aula de 1 ano fixeron un marco de fotos. Primeiro estaparon a súa huella na maceta, logo puxemos a foto na flor quedando así un fermoso marco , e dexesando que lles gustase moito as súas mamás. FELICIDADES MAMIS!! FOTOS: 1 ANO   2 ANOS
Publicado por Andrés o 20/05/2013  

1º ESO: INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO CON EL COLEGIO JENISCH GYMNASIUM DE HAMBURGO


2012cartasalemania.jpgUnsere Partner aus Deutschland haben uns geantwortet. Hier sind die Briefe von den Studenten der Jenisch Schule. Sie schreiben über ihre Familie, Hobbies, usw. Nach zweimonatiger, enger Zusammenarbeit ist es nun soweit: wir werden ein Video über unsere Schule aufnehmen, um unser tägliches Leben in der Schule zu zeigen. PHOTOS
Publicado por Andrés o 20/05/2013  

XIMNASIA RÍTMICA: CAMPIONATO PROVINCIAL


2012ritmicapontevedra.JPGHoxe celebrouse en Pontevedra, o Campionato Provincial de Ximnasia Rítmica no que as nosas altletas tiveron unha destacada actuación. Participaron os equipos A e B na categoría Alevín, o equipo Infantil e o equipo Cadete que acadou un merecidísimo 3º posto que as clasifica para o vindeiro Campionato Galego que se celebrará en Marín o vindeiro domingo 26 de Maio. Noraboa a todas porque o campionato tivo un gran nivel no que participaron 15 clubes e máis de 300 atletas. VÍDEOS: ALEVÍN A   ALEVÍN B   INFANTIL   CADETE    FOTOS
Publicado por Andrés o 19/05/2013  

PREMIOS CONCURSO CONSUMÓPOLIS


2012consumopolis.jpgO equipo "Los Vidrios" formado polos alumnos Guillermo Marchena Piñeiro, Álvaro Ucero Vázquez, Ántar Vidal Fiuza, Luis Priegue Lustres e Javier Padín Vieira de 3º de ESO, acadaron o 2º premio autónomico na categoría de 2º ciclo de ESO no concurso "Consumópolis" convocado pola Escola Galega de Consumo. O seu traballo foi premiado polo xurado entre máis de 200 equipos participantes e aproximadamente 1200 alumnos que participaron neste edición en toda Galicia. O seu traballo, titulado "Doparse, unha maneira de enganarse" relacionado co Consumo Responsable e o Deporte e coordinado polo mestre Andrés Hay Hermida, versou sobre a dopaxe nos deporte no que tiveron que elaborar un cartel con viñetas xunto con estrofas rimadas sobre a temática tratada. Ademais tiveron que participar nun concurso online, a modo de circuito, con preguntas sobre Consumo. O premio está dotado con diploma e un cheque de 600 € e foi entregado hoxe en Santiago de Compostela nun acto oficial presidido por María Jesús Muñoz, Xerente do Instituto Galego de Consumo, Sol Vázquez Abeal, Directora xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria e Manuel Corredoira, Director Xeral de Educación. Noraboa!! FOTOS
Publicado por Andrés o 16/05/2013  
Pág./s  1 2 3 ... 22 [23] 24 25 26 27