coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

debuxo_carreira_17_18web.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE PINTURA: 1º TRIMESTRE


02013pintura1.JPGNeste primeiro trimestre elaboraronse paisaxes de diferentes tipoloxías, xa sexa unha marina, unha visión campestre ou urbá, e no segundo traballo eleximos un animal: terrestre, marino ou unha ave.  Cada nen@ escolleu unha fotografía dentro dun amplo abanico de posibilidades que o mestre de pintura lle propón e sempre buacando un grado de complexidade maior en cada obra a realizar. RESUMO ACTIVIDADES   FOTOS   CARICATURAS
Publicado por Andrés o 23/01/2014  

SEGURIDADE VIAL: POLICÍA LOCAL DE SANXENXO


02013policia.JPGUn ano máis, a Policía Local de Sanxenxo está a levar a cabo no noso colexio uns obradoiros de seguridade vial. Este ano coa novidade de que o noso querido Poli Paco, xa ten unha compañeira para patrullar polas rúas do noso concello. Trátase da Poli Lola que tamén nos recorda a importancia de cumprir as normas de circulación e de seguir os consellos de seguridade. Moitas grazas pola vosa visita!! FOTOS: 3 ANOS   4 ANOS   5 ANOS   1º CICLO PRIMARIA    3º PRIMARIA   4º PRIMARIA   5º PRIMARIA
Publicado por Andrés o 23/01/2014  

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS: XOGOS MATEMÁTICOS


02013xogos.JPGO Departamento de Matemáticas e Ciencias organizou un ano más unha exposición sobre Xogos Matemáticos. Realizouse durante a última semana no Laboratorio da Planta Alta do Colexio e tivo unha gran participación por parte dos alumnos de ESO e primaria. Trátase dunha serie de xogos de lóxica, basicamente xeométricos: trangrams, tantrix, cubos soma, pentaminós, etc. Seguirá aberta na primeira semana do mes de Xaneiro. Tamén se pode visitar durante os recreos. FOTOS ESO
Publicado por Andrés o 26/12/2013  

INFANTIL DE 3, 4 E 5 ANOS: FESTA DEGUSTACIÓN NADAL


@s nen@s de 3, 4 e 5 anos realizaron unha festa de degustación de productos de Nadal. Cada nen@s trouxo un doce típico de nadal para compartir cos compañeiros e o final resoltou unha festa moi animada. Os alumnos de teatro en inglés encargáronse de cantar panxoliñas. Estamos feitos uns trouleiros!! FOTOS
Publicado por Andrés o 26/12/2013  

INFANTIL DE 4 ANOS: ÁRBORE DE NADAL


Os alumnos de E. Infantil de 4 anos, elaboramos unha árbore de nadal con material de refugallo e colgámola no corredor do Colexio, para colaborar na ambientación do Centro. Despois cantamos unha chea de panxoliñas e pasámolo chachi piruli. FOTOS
Publicado por Andrés o 26/12/2013  

INFANTIL DE 3 ANOS: PROXECTO ÁRBORE


@s nen@s de Educación Infantil de 3 anos decidimos este curso que temos que coidar o noso planeta. Por iso, estamos aprendendo a reciclar. Con tal motivo, con cartóns e xornais fixemos esta árbore a cal irá cambiando o seu aspecto segundo a estación na que esteamos. Este trimestre a nosa árbore pasou de estar sen follas a lucir unha bonita decoración de Nadal. ¡Estamos feitos uns artistas! FOTOS ÁRBORE   FOTOS NADAL     
Publicado por Andrés o 26/12/2013  

GARDERÍA ABRENTE: ACTIVIDADES E OBRADOIROS


Neste primeiro trimestre estivemos traballando moito, ainda que tamén tivemos tempo para celebrar cumpleanos, cantar, tocar panxoliñas e como non, xogar. No ximnasio fixemos moito exercicio o mesmo tempo que coñecemos o noso corpo e as súas posibilidades de movemento e moitos dos elementos que alí temos (ladrillos, aros, pelotas, bancos, colchonetas…). Descubrimos o ordenador e a pizarra dixital, nela vemos moitas cousas (en inglés tamén) e xogamos e aprendemos moitas outras tamén, gústanos moito.  No obradoiro de  plástica, con materiais de refugallo fixemos unhas maracas, unhas bolas para a árbore do Nadal, pintamos o trineo de Papá Noel. Tamén coñecemos o pintor Paul Klee e a súa obra “A tía Británica”. Para rematar este trimestre celebramos unha festa, a festa do nadal organizada pola Anpa do colexio, con inchables, piscina de bolas e unha rica chocolatada. Grazas ás familias pola sua colaboración e “Felices Festas e Feliz Aninovo.” FOTOS: CUMPRES   AULA   INFORMÁTICA   INGLÉS   PLÁSTICA   PSICOMOTRICIDADE   NADAL   NADAL ROSI   NADAL SOL
Publicado por Andrés o 26/12/2013  

INFANTIL 1 ANO: ESTIMULACIÓN TEMPERÁ


Por primeira vez neste curso os papás, mamás e outros familiares  viñeron xogar cos nen@s  ao cole e pasamolo moi ben. Nesta 1ª sesión, ensartamos aros, estirámonos e perseguimos os axóuxeres, pasámonos a pelota, os máis valentes cruzaron o túnel e rematamos a sesión xogando coas follas do outono. Na 2ª sesión descubrimos o noso corpo, onde poñemos o sombreiro, xogamos o cu-cu, facemos equilibrios coas pelotas grandes e por último fixemos pompas de xabón. FOTOS: 1ª SESIÓN   2ª SESIÓN   CALENDARIO
Publicado por Andrés o 26/12/2013  

FESTA DE NADAL DA ANPA


Unha vez máis a ANPA do Colexio Abrente organizou un festa de inchables no pavillón do colexio. Houbo diversos inchables e un futbolín que fixeron as delicias dos alumnos. Tamén houbo diversos obradoiros de pintura, comida e tatuaxes. Para finalizar a tradicional chocolatada que pon final a este ano. Felices Festas a tod@s. FOTOS    CHOCOLATE
Publicado por Andrés o 26/12/2013  

Bo Nadal


cantando.jpgEste ano, os nenos e nenas do coro do colexio queremos desexar un Bo Nadal a todos aqueles que aínda conservan a ilusión por estas datas dun xeito especial: cantando. É unha humilde gravación da panxoliña que presentaremos o día 23 de decembro na Casa das Canteiras en Noalla ás 17:30, onde estades todos convidados! Como dicimos cantando, Bo Nadal!
 
Publicado por Roberto o 21/12/2013  

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO HARRIS ACADEMY FALCONWOOD


O Colexio Abrente iniciou este curso un intercambio lingüístico con un colexio inglés, concretamente o HARRIS ACADEMY FALCONWOOD, un colexio moi cerca de Londres. Empezamos a primeira actividade coa elaboración dunhas cartas de presentación e postais de nadal que foron enviadas o pasado venres. Durante o curso realizaremos diversas actividades colaborativas e probablemente realizaremos unha visita a ese colexio na próxima viaxe que realizaremos a Londres antes no mes de Abril. Participan os alumnos de 2º e 3º de ESO. FOTOS
Publicado por Andrés o 15/12/2013  

ESCOLAS DE FAMILIA 2013-2014


O día 12 de decembro rematou o primeiro trimestre da Escola de Familias do Colexio Abrente. Durante tres xornadas de formación, dedicadas á Etapa de Educación Infantil, fóronse tratando temas como A Evolución na Infancia, O Apego, O Xogo, O Desenvolvemento da Linguaxe, Os Límites e Normas e A Práctica de Educar as Emocións. Acudiron regularmente 16 nais e dous país. Esperamos poder repetir a experiencia en vindeiros cursos. Os power-point cos contidos pódense descargar nos seguintes enlaces:
MOTRICIDADE FINA     AS EMOCIÓNS     DESENVOLVEMENTO EVOLUTIVO     O APEGO     TERTULIA     NORMAS E LÍMITES     O XOGO
Cara o 2º Trimestre está previsto dedicar á Etapa de Educación Primaria a seguinte Escola de Familia de este curso. As datas figuran no tríptico inicial: 23 de xaneiro, 20 de febrerio e 20 de marzo; sempre en horario de 15.00 a 17.30. Nin que dicir ten que están invitadas a asistir todas as persoas familiares de alumnado de primaria. No comezo de xaneiro enviaremos circulares para recordalo. FOTOS
Publicado por Andrés o 15/12/2013  

INFANTIL DE 3, 4 E 5 ANOS: ÁRBORE DE NADAL


@s alumn@s de 3, 4 e 5 anos están moi atarefados estes días realizando diversas actividades relacionadas co Nadal. Empezaron xa a decorar as súas aulas e o colexio e fixeron un montón de adornos e árbores de nadal utilizando materiais reciclados. Pronto veredes os resultados pero poñemos estas fotos para que vaiades vendo. Esperamos que vos gusten!! FOTOS: 3 ANOS   4 ANOS   5 ANOS
Publicado por Andrés o 15/12/2013  

3º PRIMARIA: DESPEDIDA DE SOFIA E NICOLÁS


Os nosos compañeiros Sofía e Nicolás Prugnoli, volven ao seu fogar en Arxentina. Nós quixemos despedilos como se merecían e fixémoslles unha festa "sorpresa". Enchemos a clase de carteis e fixémoslles un agasallo: consistía nas pegadas das nosas mans estampadas nun lenzo para que o tivesen de recordo. Xogamos a xogos de grupo e organizamos unha merendola con baile e todo. Quixemos que o seu último recordo do cole fose o máis divertido posible (e abofé que o conseguimos!) Ata sempre Nico. Ata sempre Sofía. Agardamos vervos de novo!!! FOTOS
Publicado por Andrés o 10/12/2013  

3º PRIMARIA: OS SENTIDOS


En 3º EP estamos a estudar os sentidos,  por iso fixemos un mural con cada un deles. Coloreamos os debuxos de cada un e puxémoslles os nomes ás súas partes. Explicamos as súas funcións e tamén para qué serven. Despois recortamos imaxes de xornais e revistas sobre o que podemos percibir coa vista, o gusto, o oído...  Os nenos de Atención Educativa aproveitamos para escribir en inglés cada un dos sentidos e os seus órganos. Pegamos o mural na porta da nosa aula. FOTOS
Publicado por Andrés o 10/12/2013  

GARDERÍA ABRENTE: SEMANA DA COR VERMELLA


Os nenos/as das aulas de Sol e Rosy fixeron conxuntamente a actividade da semana da cor vermella. O longo de dita semana realizouse diversas actividades: un mural utilizando diversas técnicas plásticas como pintura de dedos, garabateo, rasgado etc. Quedando así un fermoso tendal. Xogouse co cesto da cor vermella onde había materiais de dita co de diferentes formas e texturas,  e rematouse cunha festa o venres onde os nenos/as disfrutaron con diversos xogos. FOTOS
Publicado por Andrés o 09/12/2013  

EXHIBICIÓN XIMNASIA RÍTMICA


Con motivo da Gala do Voluntario organizado polo Concello de Sanxenxo, o Equipo de Ximnasia Rítmica do Colexio Abrente realizou unha exhibición no Auditorio Emilia Parzo Bazán de Miraflores. Actuaron os equipos benxamín, infantil, alevín e cadete que deleitaron ó numeroso público coas súas actuacións. Esta exhibición pon o inicio para unha nova tempada que esperamos sexan moi exitosa para as nosas ximnastas. FOTOS. VIDEOS:  EQUIPO RÍTMICA   EQUIPO BENJAMÍN   INDIVIDUAL PALOMA LÓPEZ EQUIPO ALEVÍN  EQUIPO CADETE
Publicado por Andrés o 07/12/2013  

1º e 2º de PRIMARIA: SAÍDA O GROVE


@s alumn@s de 1º e 2º de primaria realizaron o pasado 4 de decembro unha saída cultural onde visitaron por un lado o Museo do Mar e o Museo de Salazón en Punta Moreiras en O Grove. Alí poideron observar as principais artes de pesca e o tratamento de conservación do peixe a través do sal. Despois visitaron o Centro de Interpretación da Natureza do Monte Siradella e pola tarde visitaron os burros da Toxa no Monte Central da Illa da Toxa. FOTOS
Publicado por Andrés o 07/12/2013  

1º - 2º ESO: SAÍDA A CORUÑA


Con motivo da Semana da Ciencia, os alumnos de 1º e 2º de ESO realizaron unha saída a A Coruña onde visitaron a Casa das Ciencias con sesión no Planetario onde poideron observar distintos experimentos relacionados coas ciencias naturais. Despois dunha visita á Torre de Hércules para xantar foron ó Aquarium Finisterrae onde poideron observar as principais especies mariñas dos nosos mares e tamén dos oceános de todo o mundo. FOTOS
Publicado por Andrés o 15/11/2013  

2º PRIMARIA: ATENCIÓN EDUCATIVA


Today the children of  Primary Education 2nd prepared a dessert in the kitchen of  the school with the teacher Mila. CUSTARD MIXTURE: -Half a liter of milk, two egg yolks, 25 grams flour, 150 grams of sugar and a lemon rind. PREPARATION: In a little bit of milk dissolve the egg yolks, sugar and flour. The rest set it to warm milk with the lemon rind. When it`s hot add the above mixture. Stir and let it boil two or three minutes.IT`S A GREAT DESSERT!!! PHOTOS
Publicado por Andrés o 15/11/2013  

INFANTIL DE 1 E 2 ANOS: O OUTONO


@s nen@s da Gardería Abrente de 1 e 2 anos estivemos descubrindo e aprendendo os cambios que se producen no outono e os productos típicos da estación. Para elo pedimos a colaboración dos pais, e fixemos unha exposición con todos os productos e elementos do outono que nos trouxeron e unha posterior degustación. Nos no cole tamén saímos a fóra a observar as árbores e o entorno, de que cor tiñan as follas, recollemos as que había no chan, vimos algunhas setas que nacían na herba, nas fincas veciñas pudemos ver as viñas e como recollían as uvas. @s nen@s de 1 ano fixemos un mural, dunha árbore coas nosas mans e ourizos e pasámolo xenial. FOTOS: 2 ANOS   AULA ROSI   AULA SOL
Publicado por Andrés o 15/11/2013  

3º - 4º ESO: SAÍDA A CORUÑA


02013coruna.JPG@s alumn@s de 3º e 4º de ESO realizamos unha visitá á Coruña o pasado mércores 13 de novembro. Visitamos a Casa das Ciencias onde poidemos interacturar cos diferentes experimentos e exposicións. Despois asistimos á unha sesión en directo do planetario onde nos explicaron un montón de conceptos novos para nós. Despois de comer visitamos a Casa do Home, Domus onde participamos nos distintos experimentos e exposición sobre o increible mundo do corpo humano. Finalmente asistimos a unha película en 3D "O último arrecife" que nos sensibilizou sobre a importancia do equilibrio nos océanos e a necesidade de reducir as emisións de dióxido de carbono. Foi un día moi intenso e moi productivo. FOTOS
Publicado por Andrés o 13/11/2013  

THEATRE WORKSHOP: HALLOWEEN


For Halloween the kids dressed up as scary characters and had a Halloween party. We celebrated it, with chips and drinks. After we went trick or treating and shared some candies with the kids. We had a lot of fun dancing to the creepy Halloween music! PHOTOS
Publicado por Andrés o 12/11/2013  

MAGOSTO 2013


Por fin o tempo nos dou unha tregua e poidemos celebrar o magosto. Hoxe luns pola tarde celebrámolo con diversas actividades e concursos. No concurso de decoración de trompos, despois dunha difícil decisión do xurado, resultou gañadora Saray Paz de 2º de primaria. No concurso da castaña máis pesada resultou vencedora Sofía Piñeiro de 4º de primaria cunha castaña enorme que pesou 36,2 gramos! Tivemos xogos populares e degustación de castañas. FOTOS: INFANTIL  PRIMARIA/ESO    MÁIS FOTOS
Publicado por Andrés o 11/11/2013  

INFANTIL DE 4 ANOS: OBRADOIRO DE COCIÑA


Os alumnos de E. Infantil 4 anos quixemos imitar aos grandes Chefs, preparando un doce con cabaza que está de rechupete e que vos invitamos a preparar na casa. RECEITA. Ingredientes: 1,5 kg. De cabaza vermella · 1 terrina de queixo de untar · 2 ovos · 4 culleradas de azucre · 2 culleradas de maicena · 2 iogures gregos · Caramelo líquido. Elaboración: Cocer no micro a cabaza pelada e sen sementes ata que estee branda. Xuntar todos os ingredientes e triturar cun batedor. Untar as paredes dun molde con caramelo líquido e colocar nel a mestura anterior. Cocer no forno durante 40 minutos a 210 graos. Arrefriar na neveira unhas horas. FOTOS
Publicado por Andrés o 06/11/2013  
Pág./s  1 2 3 ... 23 [24] 25 ... 28 29 30