coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

logo-carreira-2017.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

INFANTIL DE 5 ANOS: DÍA DO PAI


20125anosqueixo2.JPGEste ano, @s nen@s de infantil de 5 anos quixemos facer algo moi especial para os nosos papás. Puxemos os gorros de cociñeiros e fixemos un postre moi doce para eles, unha especial tarta de queixo que nos saeu moi rica. A verdade é que estamos feitos uns cociñeiros estupendos e tamén nos gusta practicar na casa, así que podedes descargar aquí a receita. FELICIDADES PAPIS!! RECEITA    FOTOS
Publicado por Andrés o 21/03/2013  

3º E 4º DE PRIMARIA: SAÍDA A CORUÑA


2012coruna.JPG@s alumn@s de 3º e 4º de primaria do Colexio Abrente realizamos unha saída lúdico-didáctica a A Coruña. Visitamos o Aquarium Finisterrae onde poidemos observar as principais especies mariñas do mundo e en particular das nosas costas. Tamén visitamos a Casa das Ciencias e o planetario onde disfrutamos das moitas experiencias expostas no museo e recibimos unha sesión de astronomía. Por último visitamos a Torre de Hércules que está considerado o faro máis antigo do mundo. FOTOS
Publicado por Andrés o 21/03/2013  

INFANTIL DE 3 ANOS: ACTIVIDADES


20123anos2.JPG@s nen@s de infantil de 3 anos seguimos coas nosas actividades dentro da programación do segundo trimestre. Fixemos un montón de actividades como a visita á biblioteca do centro onde coñecemos este espazo novo para nós e traballamos cos libros. Tamén fixemos un mural do conto dos tres porquiños e un regaliño para os nosos papis co motivo do día do pai. Agora, necesitamos un descanso. Boas vacacións!! FOTOS
Publicado por Andrés o 21/03/2013  

SEMANA CULTURAL


2012sinais.JPGDurante a última semana do mes de Febreiro tivo lugar a Semana Cultural onde se realizaron diversas actividades nas que cabe destacar un obradoiro de linguaxe non formal na que participaron @s alumn@s de primaria, un obradoiro de emoticonos que realizaron @s alumn@s de infantil e unha sesión de animación á lectura por parte por parte do actor Manuel Solla. FOTOS: 1º, 2º, 6º PRIMARIA   INFANTIL   ANIMACIÓN INFANTIL E 1º PRIMARIA   ANIMACIÓN 2º, 3º E 4º DE PRIMARIA.
Publicado por Andrés o 21/03/2013  

SEMANA BLANCA


2012semanablanca.JPGUn grupo de 40 alumn@s de 6º de primaria e ESO realizaron unha viaxe a estación de inverno de San Isidro en León. Alí durante 5 intensos días realizaron actividades deportivas relacionadas coa neve e tamén diversas actividades culturais como visitas ó centro de interpretaciónd a natureza e á cidade de León. Tiveron moita sorte co tempo porque a estación estaba a pleno rendemento debido á intensa nevada do anterior fin de semana. FOTOS: 6º EP   1º ESO   2º ESO   MÁIS FOTOS
Publicado por Andrés o 18/03/2013  

INFANTIL DE 2 ANOS: OBRADOIRO DE COCIÑA "PIZZAS CADRADAS"


2012pizzas.JPGNesta nova sesión do obradoiro de cociña traballamos a forma cadrado, preparando unhas pizzas para merendar. Usamos pan de molde cadrado como base, logo cada un extendeu a salsa de tomate, colocou as lonchas cadradas de queixo e xamón, para rematar cun pouco de mozarela e un pouquiño de orégano. Xa listas colocamolas nas bandexas e baixamos a cociña para pedirlle a Teresa, a nosa cociñeira que as metese no forno. Mentras esperamos visitamos o comedor do cole. Pasados os 5 minutos subimos coas pizzas para merendar; ¡umm! ¡que boas estaban! FOTOS
Publicado por Andrés o 08/03/2013  

LIGA DE BALONCESTO PREBENXAMIN


2012baloncesto.jpgO equipo de baloncesto pre-benxamín do Colexio Abrente participa este curso na liga recreativa da Federación Galega de Baloncesto. O pasado 22 de Decembro tocounos organizar no colexio na terceira xornada da liga nun ambiente moi navideño! Publicamos unhas poucas fotos do evento e proximamente publicaremos máis fotos do resto das xornadas. FOTOS
Publicado por Andrés o 26/02/2013  

INFANTIL DE 1 ANO: OBRADOIRO DE COCIÑA E XOGO HEURÍSTICO


20121anococina2.JPGNa aula de infantil de 1 anos seguimos coas nosas actividades programas. Por un lado realizouse un obradoiro de cociña onde fixemos un delicioso biscoito, tocamos e degustamos sabores e texturas diferentes e por outro lado levamos a cabo outra sesión do xogo heurístico onde traballamos con materiais catalogados como non didácticos, onde os nenos manipulan e experimentan os materiais dunha forma diferente. FOTOS: COCIÑA   XOGO HEURÍSTICO
Publicado por Andrés o 25/02/2013  

II FESTIVAL DE XIMNASIA RÍTMICA COLEXIO ABRENTE


2012cartelfestivalritmica.jpgO vindeiro sábado a partir das 11 da mañá celebraremos o II Festival de Ximnasia Rítmica no Pavillón do Colexio Abrente. Participarán o Clube de Ximnasia Rítmica Vagalume de Pontevedra, o Colexio Santiago Apóstol de Vigo e o por suposto o Equipo de Ximnasia Rítmica do Colexio Abrente. Esperamos que disfruten deste evento. CARTEL
FOTOS: ALBUM1   ALBUM2   ALBUM3
Publicado por Andrés o 21/02/2013  

1º e 2º de ESO: VISITA A GRANXA "O KIRIKO"


2012kiriko.JPG@s alumn@s de 1º e 2º de ESO realizaron unha saída didáctica á Granxa O Kiriko en Fornelos de Montes. Alí realizaron diversas actividades dentro do programa "Botando raíces" co que se pretende incidir na importancia dos bosques como infraestcutura natural de calquer pais e esenciais para o ciclo da auga. A actividade foi subvencionada en parte pola Deputación Provincial de Pontevedra dentro do seu programa de actividades para escolares. FOTOS
Publicado por Andrés o 19/02/2013  

INFANTIL DE 1 ANO: ESTIMULACIÓN TEMPERÁ - 3ª SESIÓN


2012estimulacion3.JPGContinuamos coas sesións de estimulación temperá, os martes e os xoves, onde os papás e as mamás d@s nen@s de 1 ano veñen xogar cos seus fill@s.  Nesta terceira sesión traballamos a rosca para sacar e meter obxectos. Seguimos repasando o esquema corporal e cos ladrillos xogamos a subir “arriba” e a baixar “abaixo”. Rematamos cantando e bailando ao “corro da patata”.  Esperamos que as fotos sexan do seu agrado. FOTOS:3ª SESIÓN   2ª SESIÓN  1ª SESIÓN     CALENDARIO
Publicado por Andrés o 19/02/2013  

4º PRIMARIA: OS HUMEDAIS COIDAN A AUGA


2012humedais.JPGO pasado 1 de Febreiro, @s alumn@s de 4º de Primaria, realizaron unha actividade proposta pola Concellería de Medioambiente do Concello de Sanxenxo. Coincidindo co 2 de Febreiro que se celebra o día internacional dos humedais, esta actividade pretende achegar, de xeito asimilable polos rapaces, nocións básicas sobre a importancia dos humidais poñendo de relevancia a importancia ambiental de estas zonas e promover actitudes de respecto a natureza entre os escolares e presentarlles o Complexo Ons-O Grove, un humidal situado no noso Concello e catalogada como Zona Húmida de importancia internacional. FOTOS
Publicado por Andrés o 18/02/2013  

OBRADOIROS DE SEGURIDADE VIAL


2012paco.JPGDurante o pasado mes de Xaneiro, realizamos uns obradoiros de Seguridade Vial impartidos pola Polica Local de Sanxenxo. Este ano tivo como principal protagonista a Paco, un policía moi especial que fixo as delicias d@s alumn@s e que nos recordou as principais normas de circulación e sobre todo aquelas relacionadas coa Seguridade: cinturóns, elevadores, pasos de peóns, etc. Agradecemos como sempre a colaboración da Policía Local de Sanxenxo, en especial, ós axentes Abelardo Martínez e Manuel Martínez que realizaron os obradoiros no noso centro. FOTOS: 4 ANOS   5 ANOS   1º CICLO DE PRIMARIA   ESO   REPORTAXE DE TELESALNÉS
Publicado por Andrés o 18/02/2013  

ATENCIÓN EDUCATIVA 2º EP: CARNIVAL AND PEACE


2012peace.JPGCarnival has arrived and we are preparing our masks. We've coloured and cut them out to turn into fierce lions and tigers, nice flowers, clowns, detectives, frogs, pirates... Do you know who we are? Guess it!!!
We have made a mural for Peace Day. Boys and girls have traced their hands over a cardboard and cut them out. Then, we stuck them to the mural and coloured the message: WE WANT A PEACEFULL WORLD. We enjoyed a lot this activity. It was a fun day for us. PHOTOS
Publicado por Andrés o 18/02/2013  

ENTROIDO 2013


2012dragond.JPGUn ano máis realizamos o noso desfile de Entroido pola vila de Portonovo. Este ano o entroido foi adicado a "Asia" ese continente tan descoñecido e que foi orixe de moitas civilizacións. Tivemos coreanos, chinos, xaponeses, ninjas, cosacos, hindús, etc. e como non o noso propio dragón chino. Agora por uns días a disfrutar do Entroido. FOTOS: DESFILE     GRUPOS     GARDERÍA
FOTOS FESTA DE DISFRACES ANPA
Publicado por Andrés o 08/02/2013  

CAMPIONATO DE CAMPO A TRAVÉS


O pasado 29 de Xaneiro, despois de varios aprazamentos, o Colexio Abrente participou no Campionato Comarcal de Cross que se tivo lugar na Azucareira de Portas. O noso centro foi representado por un gran número de atletas que o deron todo nunhas condicións difíciles. Acadaron varios podios destacando o 1º posto de Fernando Rial na categoría cadete, o 1º posto de Daniel Pérez na categoría infantil e o 1º posto de Pablo Rodríguez en Alevín. FOTOS     CLASIFICACIÓN
Publicado por Andrés o 07/02/2013  

3º e 4º DE ESO: SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA


O pasado 22 de Xaneiro @s alumn@s de 3º e 4º de ESO realizaron unha saída cultural a Santiago de Compostela. Alí visitaron o Museo do Pobo Galego, onde poideron ver unha importante mostra da etnografía e da cultura galega ó longo dos séculos. Despois realizaron unha visita á Facultade de Químicas da Universidade de Santiago onde poideron observar as instalacións e os laboratorios. FOTOS
Publicado por Andrés o 07/02/2013  

DÍA DA PAZ 2013


O pasado mércores 30 de xaneiro celebramos o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E DA NON VIOLENCIA no que todos @s nen@s do colexio elaboraron a súa mensaxe de paz. Tamén se realizaron diversas tarefas durante a semana como murais, cancións e diversas actividades. @s nen@s da gardería tamén realizaron a súa propia festa. FOTOS: DÍA DA PAZ     GARDERÍA
Publicado por Andrés o 06/02/2013  

INFANTIL DE 1 ANO: ESTIMULACIÓN TEMPERÁ - 2ª SESIÓN

2012estimulacion2.jpgContinuamos coas sesións de estimulación temperá, os martes e os xoves, onde os papás e as mamás d@s nen@s de 1 ano veñen xogar cos seus fill@s. Xogamos coas distintas pelotas de psicomotricidade, traballamos as partes do corpo e fixemos pompas para mellorar a técnica de soplado. AVISO IMPORTANTE: Consultar o novo calendario das vindeiras sesións: CALENDARIO Publicamos o calendario e as fotos da 2ª sesión. Esperamos que sexan do seu agrado. 2ª SESIÓN  1ª SESIÓN
Publicado por Andrés o 25/01/2013  

INFANTIL DE 1 E 2 ANOS: FESTA DE NADAL

2012nadal.JPG@s nen@s de infantil de 1 e 2 anos fixemos unha gran árbore de Nadal: @s nen@s decorárono facendo piruletas e corazón, caramelos e galletas de bonecos. Quedou moi doce!! Tamén tocamos as pandeiretas e cantamos panxoliñas. Para rematar tivemos unha gran festa organizada pola ANPA, con hinchables, piscina e boas e unha riquísima chocolatada para tod@s. Non nos queda máis que desexarvos un Bo Nadal e Feliz Aninovo!! FOTOS: 1 ANO   2 ANOS.
Publicado por Andrés o 27/12/2012  

CHRISTMAS AT COLEXIO ABRENTE

2012christmas.jpg"It is Christmas at Colexio Abrente and our students have created a poster with Christmas cards, ESO students have written peace and best wishes messages and 5th and 6th grade pupils have drawn Christmas motives. We invite you to enjoy them at the upper flour of our school. Merry Christmas and Happy New Year!!" FOTOS
Publicado por Andrés o 27/12/2012  

INFANTIL DE 3, 4 E 5 ANOS: DEGUSTACIÓN PRODUCTOS DO NADAL

2012degustacion.JPG@s nen@s de infantild e 3, 4 e 5 anos do Colexio Abrente fixemos unha degustación de produtos navideños coa colaboración das familias dos nosos nenos. Tivemos unha festa moi animada e disfrutamos de un montón de deliciosos dulces, turróns, polvoróns, etc. Para rematar a festa, O Coro Infantil do Colexio Abrente deleitonous cunhas fermosas panxoliñas. FOTOS
Publicado por Andrés o 26/12/2012  

INFANTIL DE 3 ANOS: ACTIVIDADES

20123anos.JPGCoa chegada do Nadal cerramos o primeiro trimestre de infantil de 3 anos. Foi un trimestre intenso con moitas actividades que xa se foron publicando durantes estes meses. Aproveitamos agora para publicar fotos do resto das actividades que se fixeron neste últimos días antes das vacaccións. Esperamos que vos gusten. FOTOS: NADAL  XEOMETRÍA   CHOCOLATE
Publicado por Andrés o 26/12/2012  

INFANTIL DE 4 ANOS: ACTIVIDADES

20124anos.JPGDurante o primeiro trimestre realizamos diversas actividades na aula de Educación Infantil de 4 anos que aproveitamos agora que estamos de vacacións para publicar unhas fotos. Son actividades nas que contamos coa colaboración da mestra de prácticas Aldara e que en colaboración da mestra realizaron un montón de actividades. Aproveitamos para desexarvos tamén unhas boas festas e un próspero ano novo. FOTOS: A COR LARANXA   PUZZLES   PSICOMOTRICIDADE
Publicado por Andrés o 26/12/2012  

XIMNASIA RÍTMICA: ADESTRAMENTOS DE NADAL

2012ritmica1.jpgDende o Equipo de Ximnasia Rítmica do Colexio Abrente queremos desexarvos unhas Felices Festas a todos e lembrámosvos que seguimos entrenando durante estas vacacións. Aproveitamos tamén para publicar unhas fotos dos entrenamentos que realizamos durante este primeiro trimestre agredecendo a colaboración de Vicente Fernández que realizou unhas extraordinarias fotos das nosas ximnastas. Máis información no noso blog: ritmicaabrente.blogspot.com HORARIO ADESTRAMENTO   FOTOS ADESTRAMENTO
Publicado por Andrés o 26/12/2012  
Pág./s  1 2 3 ... 24 [25] 26 27