coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

logo-carreira-2017.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

FESTA DE INCHABLES DA ANPA DO COLEXIO ABRENTE

2012inchables.JPGPara rematar o ano e con motivo da chegada das festas do nadal, a ANPA do Colexio Abrente, organizou unha festa de inchables no pavillón durante toda a mañá do venres. Houbo varios inchables, toro mecánico e diversos obradoiros que fixeron as delicias de todos os nenos. Tamén houbo unha gran chocolatada para repoñer forzas e un festa de inchables para os nenos da gardería. Moitas grazas a todos os pais e nais que colaboraron na festa!! FOTOS: INCHABLES   INFANTIL   GARDERÍA
Publicado por Andrés o 26/12/2012  

INFANTIL DE 5 ANOS: MOUSSE DE TURRÓN

2012cocina5anos.JPGNa aula de infantil de 5 anos estamos feitos uns verdadeiros cociñeiros. Desta volta aproveitando que xa chega o Nadal fixemos unha riquísima mousse de turrón, receita moi fácil que podemos realizar nas nosas casas cos nosos papás e mamás. Ingredientes: 1 tableta de turrón brando, 1/2 l. de tona e 3 claras de ovo. Desfaise o turrón nun pouco de tona. Móntase a tona e mestúrase ao turrón. Móntase as claras de ovo e mestúrase con coidado  aos anteriores ingredientes. Lévase a nevera unhas horas para que arrefrie e xa está. Rico, rico!! FOTOS
Publicado por Andrés o 20/12/2012  

INFANTIL DE 1 ANO: XOGO HEURÍSTICO

2012heuristico.JPG@s nen@s de infantil de 1 ano realizaron unha nova sesión do Xogo Heurístico, actividade que, utilizando materiais descoñecidos, aproveita as accións espontáneas dos nenos e das nenas, ao tempo que as potencia. Asemesmo, contribúe a estructurar o pensamento, a linguaxe, a relación persoal e as accións das crianzas.
Foi toda unha experiencia xogar con estos materiais descoñecidos para nós!!  FOTOS
Publicado por Andrés o 20/12/2012  

VISITA DOS PAXES REAIS

2012paxes.JPGOs paxes reais fixeron unha visita ó noso centro para comprobar que se todos @s nen@s teñen preparadas xa as súas cartas ó Reis Magos. Ademais comprobaron o ben que se portaron durante todo o ano e o traballadores que son. Visitaron as aulas de 3, 4 e 5 anos e tamén aproveitaron para entregar os premios do Concurso de Pintura "Sanxenxo no Nadal" no que resultaron premiados os alumnos: Samuel Donsión Tenaglia de 4º de Primaria, Julia Cousido Fraga de 5º de Primaria e Mariña Camiña García que acompañarán ós Reis Magos na Cabalgata que se celebrará en Sanxenxo. FOTOS
Publicado por Andrés o 20/12/2012  

INFANTIL DE 1 E 2 ANOS: PSICOMOTRICIDADE

20121anopsico.jpgNo Colexio Abrente seguimos coa nosa programación de psicomotricidade c@s nen@s da gardería. Unha vez á semana realizamos novas sesións onde tratamos dunha maneira práctica e divertida os aspectos psicomotrices d@s nen@s. Corremos, traballamos a lateridade, facemos exercicios de equilibrio, exercicios bucofaciais para terminar coa relaxación. Este tipos de prácticas son moi recomendables para un bo desenrolo psicomotriz. FOTOS: 1 ANO   2 ANOS
Publicado por Andrés o 18/12/2012  

CORO INFANTIL DO COLEXIO ABRENTE

2012coro.JPGO Coro infantil do Colexio Abrente dirixidos pola mestra Iria González, realizou a súa primeira actuación do curso no Centro Cultural "As Canteiras" de Noalla. Foi dentro dun festival de panxoliñas que se celebra todos os anos e que por primeira vez o noso coro foi invitado a partidipar. O noso coro cumpreu coas expectativas e a pesar de que a maioría dos seus membros son alumn@s moi novos fixeron unha excelente actuación que fixo as delicias dos asistentes. FOTOS     WHITE CHRISTMAS    BO NADAL
Publicado por Andrés o 18/12/2012  

1º ESO: INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO CON EL COLEGIO JENISCH GYMNASIUM DE HAMBURGO

2012postalalemana.jpgEl Colexio Plurilingüe Abrente está a realizar un intercambio lingüístico con un colegio alemán que tiene como objectivo mejorar las competencias lingüísticas de nuestros alumnos en la 2ª lengua extranjera impartida en la ESO y que es la lengua alemana.
Durante el curso realizaremos diversas actividades en colaboración con este colegio situado en Hamburgo. La primera ha consistido en realizar una carta de presentación que fueron enviadas el pasado martes. A esta se sumarán otras actividades durante el 2º y 3º trimestre. 
FOTOS
Publicado por Andrés o 17/12/2012  

INFANTIL DE 2 ANOS: OBRADOIRO DE COCIÑA

2012cocina2anos.JPGDentro da programación de Infantil de 2 anos, realizamos diversos obradoiros c@s nen@s, e un dos que máis lles gusta son os obradoiros de cociña. Desta volta, fixemos uns riquísimos copos de améndoas. Machacamos as galletas co mortero, botámoslle as améndoas moidas e a leite condensada; decorámolos e listo para comer. Estabas riquísimos!! FOTOS
Publicado por Andrés o 15/12/2012  

INFANTIL DE 1 ANO: ESTIMULACIÓN TEMPERÁ

2012estimulacion1.JPGUn ano máis empezamos coas sesión de estimulación temperá, os martes e os xoves, onde os papás e as mamás d@s nen@s de 1 ano veñen xogar cos seus fill@s. Xogamos a facer encaixes, coa pelota, atravesamos un longo túnel e rematamos xogando coas follas do outono, a verdade e que o pasamos xenial!!
Publicamos o calendario e as fotos da 1ª sesión. Esperamos que sexan do seu agrado.
 CALENDARIO     1ª SESIÓN

Publicado por Andrés o 15/12/2012  

4º PRIMARIA: A CÉLULA NO LABORATORIO

2012celula.JPGO pasado 20 de novembro, @s alumn@s de 4º de primaria visitamos o laboratorio do centro para realizar unha observación científica sobre a célula: que é e como é unha célula vexetal, os glóbulos vermellos da sangue e os glóbulos brancos. Foi unha sesión de dúas horas na que grazas ó profe de ciencias da ESO, Damián, nos ensinou e nos explicou un montón de cousas. Pasámolo moi ben e aprendemos moito. VÍDEO     FOTOS
Publicado por Andrés o 13/12/2012  

INFANTIL DE 3 ANOS: Obradoiro de Cociña

2012cocina3anos.jpgCon motivo de celebrar o fin do outono @s alumn@s de 3 anos fixemos unha tarta de cabaza que estaba boísima. Foi moi  doado e so tivemos que seguir os pasos da receita para despois gozar dela. Empregamos todos os ingredientes sen glute porque hai unha alumna celíaca e para que poidese saborear a tarta igual que @s outr@s alumn@s.O resultado foi estupendo e pasámolo moi ben. FOTOS
Publicado por Andrés o 13/12/2012  

CHEGADA DO NADAL

2012pino.JPGNo Colexio Abrente estamos preparándonos xa para o Nadal e estamos a realizar distintas actividades para recibir estas festas tan emotivas. Dende as tradicionais postais de Nadal no que o noso centro participa en diversos concursos dentro do noso concello ata a decoración de aulas e espazos do centro no que tod@s poñemos un pouco da nosa parte para engalanar o colexio para recibir o Nadal. Tamén estamos a realizar un belén con palla de millo cos alumn@s do colexio que pronto está exposto na entrada principal. FOTOS: 3 ANOS     4 ANOS     1º E 2º EP    PREPARACIÓN BELÉN 
Publicado por Andrés o 07/12/2012  

CAMPIONATO INTERCENTROS DE TROMPOS E BUXAS

2012trompos.JPGO pasado 30 de novembro celebrouse no colexio de Noalla o tradicional campionato de trompos e buxas no que participaron todos os colexios do Concello de Sanxenxo. O equipo do Colexio Abrente tivo unha extraordinaria participación acadando case todos os primeiros premios de cada categoría. Foi unha festa que se organiza cada ano nun colexio distinto e que pretende potenciar os xogos tradicionais da nosa terra. FOTOS
Publicado por Andrés o 07/12/2012  

INFANTIL DE 5 ANOS: OBRADOIRO DE COCIÑA

2012gallebolas.JPG@s nen@s de infantil de 5 anos realizamos un obradoiro de cociña no que elaboramos unhas riquísimos "Gallebolas".INGREDIENTES PARA 7/8 GALLEBOLAS: 100 g galletas dixestive, 50 g de queixo crema, chocolate para fundir, fideos de chocolate ou caramelo, depresores para suxetar ás gallebolas. PREPARACIÓN: Trituramos as galletas. Engadimos o queixo crema e mesturamos ben. Formamos bólas de 20 g cada unha e levámolas por 30 minutos ao conxelador para que endurezan. Fundimos o chocolate e bañamos nel unha das puntas dos depresores que vaian aguantar ás gallebolas e cravámosllos. Cando rematemos con todas, bañámolas por completo no chocolate fundido e decorámolas ao gusto. FOTOS
Publicado por Andrés o 26/11/2012  

FÚTBOL SALA

2012fsminibenxamin.JPGSeguimos presentando ós nosos equipos de fútbol-sala que representan ó noso colexio na liga provincial. Tocalle o turno neste caso ós equipos mini-prebenxamin e benxamín que disputaron un partido amistoso o pasado sábado contra o Xeve de Pontevedra, no que tamén participaron os equipos prebenxamin A e B.
Moita sorte no vindeiro campionato. FOTOS: MINIBENXAMÍN     BENXAMÍN     PREBENXAMIN A
Publicado por Andrés o 26/11/2012  

CONCURSO DE TROMPOS

2012trompos.jpgFinalizado o campionato interno de trompos, xa temos os clasificados para o Torneo Intercentros do Concello que se vai a celebrar o vindeiro venres 30 de novembro no Colexio de Noalla. Durante o mes de outrubo e novembro celebramos as fases de clasificación e as finais durante os recreos da mañá cun altísima participación en todas as categorías. Noraboa ós finalistas e ós campións que nos representarán no Campionato Intercentros. FOTOS: 1º CICLO   2º CICLO   3º CICLO   ESO   FINALISTAS
Publicado por Andrés o 22/11/2012  

1º CICLO DE PRIMARIA: Visita ó Museo de Pontevedra e Lago de Castiñeiras

201212eppontevedra.JPGO próximo Xoves 22 de novembro, os alumnos de 1º e 2º de EP, realizaremos unha visita dinamizada, guiada e adaptada aos nenos do noso ciclo ó Museo de Pontevedra. Onde pretendemos achegar o patrimonio etnográfico galego aproveitando o marco da cociña típica galega e conseguir que os rapaces interactúen dunha forma divertida cos obxectos do Museo. Pola tarde visitaremos a Lagoa de Castiñeiras onde ademáis de pasar un tempo de lecer aproveitaremos para observar follas de árbores segundo a súas formas e observar e entender qué son árbores caducifolios. FOTOS
Publicado por Andrés o 20/11/2012  

ESO: Visita Ourense: Galiciencia 2012 e Termas de Outariz.

2012ourense.JPGO vindeiro mércores 21 de novembro, o Departamento de Ciencias organiza para @s alumn@s de ESO, unha saída lúdico-didáctica a Ourense. Pola mañá visitaremos as Termas de Outariz situadas na beira do río Miño (onde @s alumn@s que o desexen, poderán bañarse sempre que o tempo o permita). Pola tarde realizarase a visita da Exposición de Galiciencia 2012, no Parque Tecnolóxico de Galicia. Realizaranse diversos obradoiros e tamén experiencias científicas, realizadas por alumn@s de centros de toda Galicia. Máis información no seguinte enlace: http://www.tecnopole.es/?q=es/galiciencia. FOTOS
Publicado por Andrés o 20/11/2012  

INFANTIL DE 1 E 2: O SAMAÍN

2012samain1ano.JPGNo día do Samaín decidimos disfrazarnos todos de cabazas, bueno todos non, facianos falta unha bruxa e a profe Dora, tocoulle. Logo degustamos os productos do Outono que nos trouxeron as familias, granadas, mandarinas, mazás, caquis, freixoas, noces,etc e tamén un bizcoito terrorífico. Bailamos moito e pasamolo moi ben. FOTOS: 1 ANO     2 ANOS
Publicado por Andrés o 19/11/2012  

INFANTIL DE 3, 4 E 5 ANOS: O MAGOSTO

2012magostoinfantil.JPG@s nen@s de Infantil de 3, 4 e 5 anos tamén celebramos o magosto no noso colexio. Durante a semana realizamos diversas actividades: debuxos, murais, cucuruchos, ... todas relacionadas co magosto e co outono. O luns pola tarde saimosó patio con xogos populares e a degustar as castañas. Que ricas!! Foi unha tarde tan divertida... Gústanos o magosto!! FOTOS
Publicado por Andrés o 16/11/2012  

ELECCIÓNS Ó CONSELLO ESCOLAR


Despois das eleccións celebradas hoxe no colexio, cunha boa participación dos pais e nais, sairon elixidos para como representates dos pais e nais no Consello Escolar do Centro: Dª Mónica Fiuza Rey con 24 votos e Dª Monserrat Afonso Martínez con 22 votos. Moitas grazas a todos os candidat@s e a todos os pais e nais que participaron na votación.
Publicado por Andrés o 15/11/2012  

INFANTIL DE 2 ANOS: O OUTONO

2012outono2anos.jpgComezamos un novo curso e facemolo coma sempre con moita ilusión. Como poderedes ver traballamos moito: pintamos, garabatemos con diferentes elementos, facemos murais e fichas tamén. Pero non todo vai ser traballar, así que tamén imos o parque, a dar paseos polos xardíns do cole (aproveitamos para observar as árbores e coller as follas do outono). Pedimos a colaboración das familias para que trouxeran ó cole elementos e froitos do outono, con todo fixemos unha exposición, unha degustación e un traballo de observación cos nenos/as. Moitas grazas papis!! FOTOS
Publicado por Andrés o 15/11/2012  

INFANTIL DE 1 ANO: O OUTONO

2012outono1ano.JPGChegou o outono, a caída da folla o cambio das cores na paisaxe. A nosa aula ambientámola con cousas típicas do outono, colgamos do teito follas, fixemos un mural enfocado o outono hallowen con caracois, unha lúa e moitos morcegos. Manipulamos e tocamos as cousas típicas do outono e para rematar celebramos “o samaín”, disfrazándonos de cabazas facendo unha festa na que degustamos os froitos típicos, comemos un biscoito, galletas e bailamos. FOTOS
Publicado por Andrés o 15/11/2012  

THEATRE WORKSHOP: CINNAMON COOKIES

2012theatrecookies.JPGThis is the recipe we used for cooking the typical american Cinnamon Cookies as chefs in the Theatre Workshop class. If you can, try it at home with your kids and enjoy because they had a lot of fun and learned the ingredients in English. Recipe: Add in a bowl:50 ml of sugar, 50 ml of honey, 100 ml of butter, 2 large eggs, 250 ml of flour, one or two small tablespoons of cinnamon (to ones taste), 2 tablespoons of baking powder and a small spoon of salt. Spread butter over a cooking pan and add flour to it, so the cookies don't stick to the pan. Put the cookies to bake at 180 degrees, for 10 minutes. PHOTOS
Publicado por Andrés o 15/11/2012  

MAGOSTO 2012

castana.JPGO vindeiro luns 12 de novembro celebraremos no colexio o tradicional magosto. Haberá diversos xogos populares, concurso da castaña máis pesada, concurso de decoración de trompos e buxas e como non, asado de castañas.
@s alumn@s deberán colaborar traendo unhas poucas castañas cada un e os que poidan un pouco de leña, carozos, etc. Todos os pais están invitados. FOTOS DO MAGOSTO     FOTOS CONCURSOS.
Publicado por Andrés o 10/11/2012  
Pág./s  1 2 3 ... 25 [26] 27