coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

debuxo_carreira_17_18web.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

LIGA DE BALONCESTO PREBENXAMIN


2012baloncesto.jpgO equipo de baloncesto pre-benxamín do Colexio Abrente participa este curso na liga recreativa da Federación Galega de Baloncesto. O pasado 22 de Decembro tocounos organizar no colexio na terceira xornada da liga nun ambiente moi navideño! Publicamos unhas poucas fotos do evento e proximamente publicaremos máis fotos do resto das xornadas. FOTOS
Publicado por Andrés o 26/02/2013  

INFANTIL DE 1 ANO: OBRADOIRO DE COCIÑA E XOGO HEURÍSTICO


20121anococina2.JPGNa aula de infantil de 1 anos seguimos coas nosas actividades programas. Por un lado realizouse un obradoiro de cociña onde fixemos un delicioso biscoito, tocamos e degustamos sabores e texturas diferentes e por outro lado levamos a cabo outra sesión do xogo heurístico onde traballamos con materiais catalogados como non didácticos, onde os nenos manipulan e experimentan os materiais dunha forma diferente. FOTOS: COCIÑA   XOGO HEURÍSTICO
Publicado por Andrés o 25/02/2013  

II FESTIVAL DE XIMNASIA RÍTMICA COLEXIO ABRENTE


2012cartelfestivalritmica.jpgO vindeiro sábado a partir das 11 da mañá celebraremos o II Festival de Ximnasia Rítmica no Pavillón do Colexio Abrente. Participarán o Clube de Ximnasia Rítmica Vagalume de Pontevedra, o Colexio Santiago Apóstol de Vigo e o por suposto o Equipo de Ximnasia Rítmica do Colexio Abrente. Esperamos que disfruten deste evento. CARTEL
FOTOS: ALBUM1   ALBUM2   ALBUM3
Publicado por Andrés o 21/02/2013  

1º e 2º de ESO: VISITA A GRANXA "O KIRIKO"


2012kiriko.JPG@s alumn@s de 1º e 2º de ESO realizaron unha saída didáctica á Granxa O Kiriko en Fornelos de Montes. Alí realizaron diversas actividades dentro do programa "Botando raíces" co que se pretende incidir na importancia dos bosques como infraestcutura natural de calquer pais e esenciais para o ciclo da auga. A actividade foi subvencionada en parte pola Deputación Provincial de Pontevedra dentro do seu programa de actividades para escolares. FOTOS
Publicado por Andrés o 19/02/2013  

INFANTIL DE 1 ANO: ESTIMULACIÓN TEMPERÁ - 3ª SESIÓN


2012estimulacion3.JPGContinuamos coas sesións de estimulación temperá, os martes e os xoves, onde os papás e as mamás d@s nen@s de 1 ano veñen xogar cos seus fill@s.  Nesta terceira sesión traballamos a rosca para sacar e meter obxectos. Seguimos repasando o esquema corporal e cos ladrillos xogamos a subir “arriba” e a baixar “abaixo”. Rematamos cantando e bailando ao “corro da patata”.  Esperamos que as fotos sexan do seu agrado. FOTOS:3ª SESIÓN   2ª SESIÓN  1ª SESIÓN     CALENDARIO
Publicado por Andrés o 19/02/2013  

4º PRIMARIA: OS HUMEDAIS COIDAN A AUGA


2012humedais.JPGO pasado 1 de Febreiro, @s alumn@s de 4º de Primaria, realizaron unha actividade proposta pola Concellería de Medioambiente do Concello de Sanxenxo. Coincidindo co 2 de Febreiro que se celebra o día internacional dos humedais, esta actividade pretende achegar, de xeito asimilable polos rapaces, nocións básicas sobre a importancia dos humidais poñendo de relevancia a importancia ambiental de estas zonas e promover actitudes de respecto a natureza entre os escolares e presentarlles o Complexo Ons-O Grove, un humidal situado no noso Concello e catalogada como Zona Húmida de importancia internacional. FOTOS
Publicado por Andrés o 18/02/2013  

OBRADOIROS DE SEGURIDADE VIAL


2012paco.JPGDurante o pasado mes de Xaneiro, realizamos uns obradoiros de Seguridade Vial impartidos pola Polica Local de Sanxenxo. Este ano tivo como principal protagonista a Paco, un policía moi especial que fixo as delicias d@s alumn@s e que nos recordou as principais normas de circulación e sobre todo aquelas relacionadas coa Seguridade: cinturóns, elevadores, pasos de peóns, etc. Agradecemos como sempre a colaboración da Policía Local de Sanxenxo, en especial, ós axentes Abelardo Martínez e Manuel Martínez que realizaron os obradoiros no noso centro. FOTOS: 4 ANOS   5 ANOS   1º CICLO DE PRIMARIA   ESO   REPORTAXE DE TELESALNÉS
Publicado por Andrés o 18/02/2013  

ATENCIÓN EDUCATIVA 2º EP: CARNIVAL AND PEACE


2012peace.JPGCarnival has arrived and we are preparing our masks. We've coloured and cut them out to turn into fierce lions and tigers, nice flowers, clowns, detectives, frogs, pirates... Do you know who we are? Guess it!!!
We have made a mural for Peace Day. Boys and girls have traced their hands over a cardboard and cut them out. Then, we stuck them to the mural and coloured the message: WE WANT A PEACEFULL WORLD. We enjoyed a lot this activity. It was a fun day for us. PHOTOS
Publicado por Andrés o 18/02/2013  

ENTROIDO 2013


2012dragond.JPGUn ano máis realizamos o noso desfile de Entroido pola vila de Portonovo. Este ano o entroido foi adicado a "Asia" ese continente tan descoñecido e que foi orixe de moitas civilizacións. Tivemos coreanos, chinos, xaponeses, ninjas, cosacos, hindús, etc. e como non o noso propio dragón chino. Agora por uns días a disfrutar do Entroido. FOTOS: DESFILE     GRUPOS     GARDERÍA
FOTOS FESTA DE DISFRACES ANPA
Publicado por Andrés o 08/02/2013  

CAMPIONATO DE CAMPO A TRAVÉS


O pasado 29 de Xaneiro, despois de varios aprazamentos, o Colexio Abrente participou no Campionato Comarcal de Cross que se tivo lugar na Azucareira de Portas. O noso centro foi representado por un gran número de atletas que o deron todo nunhas condicións difíciles. Acadaron varios podios destacando o 1º posto de Fernando Rial na categoría cadete, o 1º posto de Daniel Pérez na categoría infantil e o 1º posto de Pablo Rodríguez en Alevín. FOTOS     CLASIFICACIÓN
Publicado por Andrés o 07/02/2013  

3º e 4º DE ESO: SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA


O pasado 22 de Xaneiro @s alumn@s de 3º e 4º de ESO realizaron unha saída cultural a Santiago de Compostela. Alí visitaron o Museo do Pobo Galego, onde poideron ver unha importante mostra da etnografía e da cultura galega ó longo dos séculos. Despois realizaron unha visita á Facultade de Químicas da Universidade de Santiago onde poideron observar as instalacións e os laboratorios. FOTOS
Publicado por Andrés o 07/02/2013  

DÍA DA PAZ 2013


O pasado mércores 30 de xaneiro celebramos o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E DA NON VIOLENCIA no que todos @s nen@s do colexio elaboraron a súa mensaxe de paz. Tamén se realizaron diversas tarefas durante a semana como murais, cancións e diversas actividades. @s nen@s da gardería tamén realizaron a súa propia festa. FOTOS: DÍA DA PAZ     GARDERÍA
Publicado por Andrés o 06/02/2013  

INFANTIL DE 1 ANO: ESTIMULACIÓN TEMPERÁ - 2ª SESIÓN

2012estimulacion2.jpgContinuamos coas sesións de estimulación temperá, os martes e os xoves, onde os papás e as mamás d@s nen@s de 1 ano veñen xogar cos seus fill@s. Xogamos coas distintas pelotas de psicomotricidade, traballamos as partes do corpo e fixemos pompas para mellorar a técnica de soplado. AVISO IMPORTANTE: Consultar o novo calendario das vindeiras sesións: CALENDARIO Publicamos o calendario e as fotos da 2ª sesión. Esperamos que sexan do seu agrado. 2ª SESIÓN  1ª SESIÓN
Publicado por Andrés o 25/01/2013  

INFANTIL DE 1 E 2 ANOS: FESTA DE NADAL

2012nadal.JPG@s nen@s de infantil de 1 e 2 anos fixemos unha gran árbore de Nadal: @s nen@s decorárono facendo piruletas e corazón, caramelos e galletas de bonecos. Quedou moi doce!! Tamén tocamos as pandeiretas e cantamos panxoliñas. Para rematar tivemos unha gran festa organizada pola ANPA, con hinchables, piscina e boas e unha riquísima chocolatada para tod@s. Non nos queda máis que desexarvos un Bo Nadal e Feliz Aninovo!! FOTOS: 1 ANO   2 ANOS.
Publicado por Andrés o 27/12/2012  

CHRISTMAS AT COLEXIO ABRENTE

2012christmas.jpg"It is Christmas at Colexio Abrente and our students have created a poster with Christmas cards, ESO students have written peace and best wishes messages and 5th and 6th grade pupils have drawn Christmas motives. We invite you to enjoy them at the upper flour of our school. Merry Christmas and Happy New Year!!" FOTOS
Publicado por Andrés o 27/12/2012  

INFANTIL DE 3, 4 E 5 ANOS: DEGUSTACIÓN PRODUCTOS DO NADAL

2012degustacion.JPG@s nen@s de infantild e 3, 4 e 5 anos do Colexio Abrente fixemos unha degustación de produtos navideños coa colaboración das familias dos nosos nenos. Tivemos unha festa moi animada e disfrutamos de un montón de deliciosos dulces, turróns, polvoróns, etc. Para rematar a festa, O Coro Infantil do Colexio Abrente deleitonous cunhas fermosas panxoliñas. FOTOS
Publicado por Andrés o 26/12/2012  

INFANTIL DE 3 ANOS: ACTIVIDADES

20123anos.JPGCoa chegada do Nadal cerramos o primeiro trimestre de infantil de 3 anos. Foi un trimestre intenso con moitas actividades que xa se foron publicando durantes estes meses. Aproveitamos agora para publicar fotos do resto das actividades que se fixeron neste últimos días antes das vacaccións. Esperamos que vos gusten. FOTOS: NADAL  XEOMETRÍA   CHOCOLATE
Publicado por Andrés o 26/12/2012  

INFANTIL DE 4 ANOS: ACTIVIDADES

20124anos.JPGDurante o primeiro trimestre realizamos diversas actividades na aula de Educación Infantil de 4 anos que aproveitamos agora que estamos de vacacións para publicar unhas fotos. Son actividades nas que contamos coa colaboración da mestra de prácticas Aldara e que en colaboración da mestra realizaron un montón de actividades. Aproveitamos para desexarvos tamén unhas boas festas e un próspero ano novo. FOTOS: A COR LARANXA   PUZZLES   PSICOMOTRICIDADE
Publicado por Andrés o 26/12/2012  

XIMNASIA RÍTMICA: ADESTRAMENTOS DE NADAL

2012ritmica1.jpgDende o Equipo de Ximnasia Rítmica do Colexio Abrente queremos desexarvos unhas Felices Festas a todos e lembrámosvos que seguimos entrenando durante estas vacacións. Aproveitamos tamén para publicar unhas fotos dos entrenamentos que realizamos durante este primeiro trimestre agredecendo a colaboración de Vicente Fernández que realizou unhas extraordinarias fotos das nosas ximnastas. Máis información no noso blog: ritmicaabrente.blogspot.com HORARIO ADESTRAMENTO   FOTOS ADESTRAMENTO
Publicado por Andrés o 26/12/2012  

FESTA DE INCHABLES DA ANPA DO COLEXIO ABRENTE

2012inchables.JPGPara rematar o ano e con motivo da chegada das festas do nadal, a ANPA do Colexio Abrente, organizou unha festa de inchables no pavillón durante toda a mañá do venres. Houbo varios inchables, toro mecánico e diversos obradoiros que fixeron as delicias de todos os nenos. Tamén houbo unha gran chocolatada para repoñer forzas e un festa de inchables para os nenos da gardería. Moitas grazas a todos os pais e nais que colaboraron na festa!! FOTOS: INCHABLES   INFANTIL   GARDERÍA
Publicado por Andrés o 26/12/2012  

INFANTIL DE 5 ANOS: MOUSSE DE TURRÓN

2012cocina5anos.JPGNa aula de infantil de 5 anos estamos feitos uns verdadeiros cociñeiros. Desta volta aproveitando que xa chega o Nadal fixemos unha riquísima mousse de turrón, receita moi fácil que podemos realizar nas nosas casas cos nosos papás e mamás. Ingredientes: 1 tableta de turrón brando, 1/2 l. de tona e 3 claras de ovo. Desfaise o turrón nun pouco de tona. Móntase a tona e mestúrase ao turrón. Móntase as claras de ovo e mestúrase con coidado  aos anteriores ingredientes. Lévase a nevera unhas horas para que arrefrie e xa está. Rico, rico!! FOTOS
Publicado por Andrés o 20/12/2012  

INFANTIL DE 1 ANO: XOGO HEURÍSTICO

2012heuristico.JPG@s nen@s de infantil de 1 ano realizaron unha nova sesión do Xogo Heurístico, actividade que, utilizando materiais descoñecidos, aproveita as accións espontáneas dos nenos e das nenas, ao tempo que as potencia. Asemesmo, contribúe a estructurar o pensamento, a linguaxe, a relación persoal e as accións das crianzas.
Foi toda unha experiencia xogar con estos materiais descoñecidos para nós!!  FOTOS
Publicado por Andrés o 20/12/2012  

VISITA DOS PAXES REAIS

2012paxes.JPGOs paxes reais fixeron unha visita ó noso centro para comprobar que se todos @s nen@s teñen preparadas xa as súas cartas ó Reis Magos. Ademais comprobaron o ben que se portaron durante todo o ano e o traballadores que son. Visitaron as aulas de 3, 4 e 5 anos e tamén aproveitaron para entregar os premios do Concurso de Pintura "Sanxenxo no Nadal" no que resultaron premiados os alumnos: Samuel Donsión Tenaglia de 4º de Primaria, Julia Cousido Fraga de 5º de Primaria e Mariña Camiña García que acompañarán ós Reis Magos na Cabalgata que se celebrará en Sanxenxo. FOTOS
Publicado por Andrés o 20/12/2012  

INFANTIL DE 1 E 2 ANOS: PSICOMOTRICIDADE

20121anopsico.jpgNo Colexio Abrente seguimos coa nosa programación de psicomotricidade c@s nen@s da gardería. Unha vez á semana realizamos novas sesións onde tratamos dunha maneira práctica e divertida os aspectos psicomotrices d@s nen@s. Corremos, traballamos a lateridade, facemos exercicios de equilibrio, exercicios bucofaciais para terminar coa relaxación. Este tipos de prácticas son moi recomendables para un bo desenrolo psicomotriz. FOTOS: 1 ANO   2 ANOS
Publicado por Andrés o 18/12/2012  

CORO INFANTIL DO COLEXIO ABRENTE

2012coro.JPGO Coro infantil do Colexio Abrente dirixidos pola mestra Iria González, realizou a súa primeira actuación do curso no Centro Cultural "As Canteiras" de Noalla. Foi dentro dun festival de panxoliñas que se celebra todos os anos e que por primeira vez o noso coro foi invitado a partidipar. O noso coro cumpreu coas expectativas e a pesar de que a maioría dos seus membros son alumn@s moi novos fixeron unha excelente actuación que fixo as delicias dos asistentes. FOTOS     WHITE CHRISTMAS    BO NADAL
Publicado por Andrés o 18/12/2012  
Pág./s  1 2 3 ... 28 [29] 30 31