coloniass.jpg
ESCOLA INFANTIL 0-3
CARREIRA ESCOLAR

logo-carreira-2017.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

2 de abril o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo


"Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible" é o tema elixido este ano 2017 para celebrar o 2 de abril o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
 
As persoas con autismo enfróntanse a numerosas barreiras á hora de gozar dos seus dereitos fundamentais e de formar parte plenamente da comunidade.


As barreiras ás que se enfrontan varían en función de cada individuo e das súas necesidades específicas. É moi importante que a sociedade entenda cales son esas barreiras porque iso permitirá unha mellor adaptación ás súas necesidades e reforzará a inclusión destas persoas en todos os ámbitos da sociedade.
 
Mostra o teu apoio ás persoas con TEA e ROMPE BARREIRAS POLO AUTISMO para poder facer unha sociedade inclusiva e accesible para TODOS.
 
1. Colle un folio en branco ou descarga o cartel da campaña en www.diamundialautismo.com
2. Deixao en branco ou escribe o que ti consideres poida ser unha barreira de accesibilidade para as persoas con autismo "Para min unha barreira é..."
3. Faite unha foto rompendo o papel.
4. Compártea nas redes sociais usando o hashtag #DiaMundialAutismo


Publicado por Roberto o 03/04/2017