coloniass.jpg
ESCOLA INFANTIL 0-3
CARREIRA ESCOLAR

logo-carreira-2017.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

Campionato Provincial de Atletismo en pista


O pasado xoves 4 de maio os nenos e nenas de 5º de primaria do Colexio Pluirilingüe Abrente participaron  no Campionato Provincial de Atletismo en pista no Centro de Tecnificación de Galicia,en Pontevedra, presidido e organizado polo campión español de lanzamento de xabalina, Santi Ferrer.  Fotos

Dito campionato contaba con diferentes probas dentro das modalidades de atletismo, adaptadas para a idade dos cativos: 60m lisos, 500m velocidade, lanzamento de vórtex, lanzamento de peso, salto de lonxitude e unha última proba de relevos por equipos na cal acadamos unha moi boa puntuación. Nesta ocasión competimos con outros 9 colexios da zona do Salnés e aínda que as diferentes probas estiveron moi igualadas (sendo o noso forte o lanzamento de peso e os 500m) o importante foi o  bo día que pasamos coñecendo a outros rapaces e disfrutando das instalacións da zona que tempos atrás foron testemuña dos progresos de deportistas de elite galegos como poden ser Javi Gómez Noya ou David Cal.


Publicado por Roberto o 22/05/2017