coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

logo-carreira-2017.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

I Concurso de Youtubeir@s Colexio Abrente


Neste mes das Letras Galegas, o EDL organizou un novo certame para a promoción oral da nosa lingua: o I Concurso de Youtubeir@s Colexio Abrente.
Consistiu na creación de videos ó xeito de YouTube no que o noso alumnado amosase unha habilidade especial, realizase un titorial, un sketch cómico, un documental...coidando o uso do galego e en menos de 3 mins.
Os gañadores do concurso foron Helena Antón e Bianca Basdedios Blanco en E. P. 

e Claudia Piñeiro Lores e Sara Agís Leiro na ESO

Proclamáronse gañadoras nas dúas categorías, que recibirán un estupendo premio: dúas entradas de cinema para cada alumna. Por unha banda, de 6ºEP a 1ºESO, trunfaron Helena e Bianca cun documental interactivo sobre Galicia e, por outra, de 2ºESO a 4ºESO, foron premiadas Sara e Claudia cunha aloucada ficción de exploradoras. Noraboa, mozas!!
Grazas a tódolos/as participantes, esperamos máis e mellor o curso que vén!


Publicado por Roberto o 29/05/2017