coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

debuxo_carreira_17_18web.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

O Apalpador


Dende o Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio, queremos por o noso gran de area na recuperación da tradición dun ser moi especial e que esperta gran agarimo por parte dos máis pequen@s, a figura do APALPADOR. Por iso  o vindeiro  xoves 21 pola mañá  visitaranos  para  tocarnos as barrigas,  desexarnos  unhas  felices festas e  agasallarnos  con algunha lambetada. Fotos

apalpador.jpg

LENDA: O Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares  , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro  segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".


Publicado por Roberto o 15/12/2017