coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

debuxo_carreira_17_18web.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

INFANTIL 2 ANOS: SAÍDA GRANXA SERANTELLOS


Os nenos e nenas das unidades de 2 anos fixeron unha saída a granxa para poder ver e tocar aos animáis que están a estudar neste trimestre.  Comezaron a saída coa viaxe en autobús, todos ben sentados e con candaseu cinto de seguridade posto. Cantamos, vimos a paisaxe, portámonos moi ben. Cando chegamos fixemos tres grupos, cada grupo ía cunha mestra e así tivemos o grupo dos porquiños coa profe Dori, o grupo dos gatiños coa profe  Alba e o grupo das vacas coa profe Almu. Visitamos os galos e galiñas e démoslle trigo, vimos aos porquiños, a vaca Lola deulle un lametazo a un de nós, alimentamos as ouvellas con pan, agarimamos a potra Bonita e a burra Mariola, escoitamos a Jose  falar cos paxaros… e para rematar fixemos coas nosas mans un bolliño de pan. Despois de todo este tute  marchamos de volta ao cole no autobús  pero esta vez ben cansadiños e case sen folgos. FOTOS: GATOS   PORQUIÑOS   VACAS
Publicado por Andrés o 03/05/2018