coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

debuxo_carreira_17_18web.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

INFANTIL DE 2-3 ANOS: XULLO 2018


Este primeiro mes de verán pasámolo en grande; a primeira quincena traballamos a temática de Land Art que consiste en experimentar e crear a través de elementos naturais; recollemos follas, paus, flores e pedras polo patio da escola, experimentamos con elas, as manipulamos, as pintamos e con eles fixemos móbiles, cadros, unha composición natural ao aire libre xunto con lás. Con este material tamén fixemos un volcán, tinguimos flores, plantamos herba e fixemos debuxos con area coa mesa de luz. Como todos os veráns non faltou a piscina e vivimos unha gran aventura xogando coa espuma de afeitar; o mal tempo non nos impediu poder disfrutar de xogos de auga e fixemos tamén algúns na aula. Nesta quincena tamén visitamos a granxa de Manolo que nos presentou a todos os seus animais e ensinounos como facer fariña. Na segunda quincena traballamos a temática de Global Muiñeira, fixemos un pandeiro e demos un gran concerto por toda a escola. Tampouco faltaron os xogos de auga, neste caso foron con pistolas de auga e con globos. E para rematar este mes de xullo fixemos unha festa galega, onde fixemos un polbo gaiteiro e unhas bandeiras galegas e tamén tivemos un obradoiro de cociña da tarta de Santiago. Na festa final de mes pasámolo xenial! FOTOS: GLOBAL MUIÑEIRA  LAND ART
Publicado por Andrés o 08/08/2018