coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

debuxo_carreira_17_18web.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

ESCOLA DE VERÁN ABRENTE: AGOSTO 2018


1º QUINCENA AGOSTO “DETECTIVES EN ACCIÓN”
Hello! Na primeira quincena de agosto realizamos actividades de detectives máis complexas. Fixemos xincanas, xogos e buscamos pistas ao aire libre; aprendemos a facer papel máxico; familiarizámonos cas novas tecnoloxías a través da “realidade aumentada”; realizamos retratos 3D de sospeitosos; fomos uns auténticos minichefs facendo galletas de caras; probamos a luza negra e pintamos as escuras; xogamos na piscina con xeos de colores e xoguetes de auga; e para rematar a quincena recibimos a visita dos “Bombeiros”. Pasámolo xenial! SEE YOU SOON!  FOTOS
2º QUINCENA AGOSTO “DETECTIVES EN ACCIÓN”
HI! Na segunda quincena fomos detectives de arte, traballamos a Joan Miró e o seu cadro “Colourful fish” en varios tamaños e moitas cores (podedes ver a gran obra no haul do colexio).  Tamén xogamos a moitos xogos de auga: con globos, con paracaídas, con xoguetes de auga, con vasos… Os últimos días estivemos preparando un disfrace para a festa fin de verán, un disfrace de “Explorador/a do Safari”, estábamos moi guapos e gozamos moito. A escola de verán xa remata, este verán conseguimos ser uns auténticos detectives (de arte, de cociña, de auga, de letras….), fixemos moreas de actividades, xogamos, cantamos, practicamos inglés, e pasámolo moi ben. Ata o próximo verán, moitas gracias. FOTOS
Publicado por Andrés o 14/09/2018