coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

logo-carreira-2017.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

Localización



     O Colexio Abrente está emprazado no pobo de Portonovo, parroquia de Adina, pertencente ao Concello de Sanxenxo, partido xudicial de Cambados.


     O Concello de Sanxenxo ten unha superficie aproximada de 44 km2 no que viven unhas 15.000 persoas aproximadamente, distribuídas entre as parroquias de Adina, Bordóns, Dorrón, Nantes, Noalla, Padriñán e Vilalonga.

vistaaerea.jpg

      O sector de costa correspondente a este concello presenta unha sucesión de puntas e praias que fan desta zona unha das máis turísticas de Galicia, sector este, prioritario na economía da zona, e que multiplica por cinco o número de habitantes no verán.

      Tamén é preciso destacar a importancia da agricultura da pesca e da construción. A industria é un sector minoritario.

      No plano socio-educativo, o nivel pódese considerar como medio-baixo xa que soamente aporta a metade de estudantes universitarios que lle corresponden polo seu peso poboacional en Galicia.

      Nembargante esta situación estase modificando positivamente nos últimos anos.

      O concello dispón de varios centros de ensino públicos, 6 colexios de Educación Primaria e 2 institutos de Educación Secundaria e Ciclos Formativos, sendo o noso Centro o único privado concertado do Concello, captando alumnado doutros Concellos limítrofes como O Grove, Meaño, Cambados, Ribadumia, Meis e Poio.