coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

logo-carreira-2017.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

Actividade do Centro


 
     No Colexio Abrente impartimos Educación Infantil (de 0 - 3 anos e de 3 - 6 anos), Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria. Ademais contamos cunha aula de Educación Especial.

     Por outra parte ofrecémoslles ós nosos alumnos a posibilidade de complementar os seus estudos asistindo a actividades extraescolares tales como Ximnasia Rítmica, Arts Workshop, Teatro, Obradoiro de Cociña, Educación Coral e Pintura. Tamén se realizan actividades complementarias tales como saídas culturais, actividades deportivas, actividades culturais, etc.

     No curso 2010/11 foi seleccionado pola Consellería de Educación para o Plan Abalar dotando as aulas de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO con netbooks para todo o alumnado e pizarras dixitais. Todas as aulas do centro están dotadas con ordenadores, pizarras dixital e canón.    

     Dende o curso 2011/12 o centro foi nomeado Colexio Plurilingüe pola Consellería de Educación, impartindo varias materias en lingua inglesa.

     No curso 2014/15 foi seleccionado pola Consellería de Educación para o proxecto E-DIXGAL polo que en 5º de primaria utilizaranse libros dixitais para todos os alumnos.

     Tamén se imparten Cursos de Informática para os pais, nais e todas aquelas persoas que o desexen.

     En canto a servizos complementarios os nenos/as poden dispor de comedor e do Plan Madruga.