ESCOLA INFANTIL 0-3
CARREIRA ESCOLAR

logoc2016.jpg

coloniass.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg
EXTRAESCOLARES

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Buscar WEB

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg

REDE DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS


     redecentrossolidariosgrande.jpg
     O Colexio Abrente forma parte desde o actual curso académico 2014-2015 da Rede de Centros Escolares Solidarios.

     O programa Rede de Centros Escolares Solidarios é unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia que pretende descubrir o voluntariado ao alumnado de educación secundaria, bacharelato, formación profesional e de adultos de Galicia e animalos a comprometerse.

     Nós participamos porque temos un programa de voluntariado na ESO no que participan actualmente 32 nenas e nenos de secundaria.

     Dentro da Rede (RCES), este ano fixéronse varias actividades entre as que están a elaboración dunha "Micro Movie" por parte do alumnado voluntario da ESO e a participación no III Encontro de Alumnado de Centros Escolares Solidarios xunto con outros catorce centros escolares de toda Galicia que terá lugar o 28 de maio en Santiago.


     Neste encontro contaremos como levamos a cabo o noso programa de voluntariado e presentaremos en directo a RADIO ABRENTE.