coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

logo-carreira-2017.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

EXTRAESCOLARES


Como todos os anos e a partir do mes de outubro comenzan as actividades extraescolares para os nen@s que o desexen.
Ditas actividades forman parte do currículo persoal do alumno cunha programación clara e funcional sometida a constantes análises e valoracións.  
Un dos mellores servizos que prestan as actividades extraescolares é motivar e axudar aos alumn@s para que aprendan a planificar o seu tempo de ocio e a vivilo creativamente. Axudan a espertar inquietudes, a fomentar a creatividade e a desenvolver valores que incrementan a calidade educativa.

Neste curso escolar 2015/2016 ofertamos as seguintes actividades:

Ximnasia Rítmica: Actividade para as alumnas de infantil, primaria e secundaria, impartida pola mestra de educación física de ESO. A Ximnasia Rítmica é un deporte dos máis creativos que deixa lugar á imaxinación, traballando aspectos que teñen que ver coa música e a expresividade corporal.

Fun with English: Actividade para infantil e 1º,2º e 3º primaria impartida pola profesora lectora de inglés, onde os alumn@s tomaran contacto coa Lingua Inglesa a través de diversos obradoiros.    Entre outras actividades realizarán exercicios de improvisación, xogos de habilidade e desenvolvemento e expresión corporal, música, danza, xogos interactivos con vocabulario básico de cada unidade. Tamén ao longo do curso organizarán festas típicas inglesas como Halloween, Chritsmas, etc. Todo este traballo e a súa evolución poderán visualizalo a través da nosa páxina web.  

Pintura:
Actividade para infantil e primaria, dirixida a desenvolver a formación e o sentido estético, fomentando o gusto pola arte dunha forma lúdica, traballando con materiais sinxelos e doados de conseguir  co obxectivo de chegar a dominar distintas técnicas e materiais diversos. Durante o curso faranse exposicións no colexio.                      


Conversación en inglés/nativo: Actividade para 4º,5º,6º de EP e ESO. Abrente fai unha apostA en pro dos idiomas estranxeiros co fin de mellorar a preparación dos nosos nenos fronte a unha sociedades que vai encamiñada a unha globalidade. Con esta actividade o alumno/a adquirirá unha maior competencia das destrezas orais, e a transmisión da cultura e tradicións do pais de orixe do profesor nativo, o que pode resultar pedagoxicamente interesante e   motivador para os alumnos/as.

Batuka/Zumba: Actividade dirixida a neno/as de primaria. A batuka combina a ximnasia aeróbica e o ritmo. Algúns dos obxectivos que se perseguen con esta actividade son fomentar o compañeirismo e a amizade entre todos os alumnos sen distinción de ningunha clase, potenciar sistema psicomotriz  do neno... e ante todo, disfrutar do exercicio físico dunha forma   non competitiva.              
Zumba
é unha disciplina de baile moi divertida. Incrementa a enerxía, mellora a coordinación e a condición física, dá benestar ao corpo, reduce la graxa, o estrés e aumenta a autoestima.