ESCOLA INFANTIL 0-3
CARREIRA ESCOLAR

logoc2016.jpg

coloniass.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

Batuca/Zumba


SIGUE O RITMO!!

Esta nova actividade extraescolar pretende acercar aos máis cativos ao mundo do baile, para iso imos alternar (cada luns e mércores)os diferentes bailes latinos, como son a Batuka e o Zumba . Estas dúas modalidades de baile están enfocadas a manter un estilo de vida saudable, a desenrolar, fortalecer  e dar flexibilidade ao corpo mediante movementos de baile combinados cunha serie de rutinas musicais.
Representan unha actividade aeróbica para clases dirixidas, utilizando pasos, estilos e música similares aos ritmos latinoamericanos e acordes á idade dos participantes xa que as 2 modalidades contan na súas discografías con Batuka Junior e Zumba Kids. Cada sesión  vai consistir nunha sucesión de cancións que suman máis ou menos 50 minutos da clase.
Para desenrolar os exercicios, aprovéitase a estrutura da canción (verso, estribillo, instrumental, etc.),  e desta forma dase coherencia ao "baile" e faino máis entretido. Utiliza o "Estilo Libre Coreografiado" como método de ensinanza. Cada estrutura repítese durante unha mesma secuencia da canción, alternando con outras secuencias e vólvense a repetir cando estas sean iguais, co que se acaba formando unha pequena coreografía en cada sesión. E por suposto para pasar un rato divertido e ameno cos demáis compañeiros do colexio, xa que cada día intentaremos construir novas coreografías para acadar un obxectivo común: pasalo moi ben!!


zumba.jpg