coloniass.jpg
CARREIRA ESCOLAR

logo-carreira-2017.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

Equipo de Dinamización Lingüística


O Equipo de Dinamización Lingüística está constituido por profesores representantes  de todas as etapas educativas, dende E. Infantil ata a E.S.O.,  nace coa pretensión de frear a perda continua de galegofalantes que ten lugar no Centro, tentando aportar un gran de area para reverter esta situación. 

Pretendemos centrar o noso traballo facendo fincapé nos seguintes obxectivos:   
1.     Realizar actividades de promoción da lingua e a cultura galega con organismos, entidades, colexios e asociacións da contorna do Centro. 
2.    Implicar e entusiasmar ao profesorado na realización e organización de eventos e actividades de promoción da nosa lingua e cultura. 
3.    Recuperar os xogos, festas  e tradicións na que participe toda a comunicade educativa. 
4.    Normalizar o idioma a través do seu uso en calquera ámbito da vida escolar e mediante a realización de actividades específicas. 
5.    Promocionar a literatura galega con distintas actividades culturais, recreativas, etc. 
6.    Utilizar as novas tecnoloxías como instrumento dinamizados da lingua e da cultura.   

Coa pretensión de conquerir os nosos obxectivos, programaremos unha serie de actividades que desenrolaremos ao longo deste curso e das cales iremos dando conta a toda a comunidade educativa.

cimg9918.jpg

img_20161028_085337.jpg