coloniass.jpg
ESCOLA INFANTIL 0-3
CARREIRA ESCOLAR

logo-carreira-2017.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

Música e Movemento


Trátase dunha actividade artística que combina de forma lúdica a música con movementos corporais para contribuir ao desenvolvemento integral dos máis pequenos (alumnado de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos)).
Consiste nun achegamento temperán á Educación Musical no que se mellora a coordinación, a orientación espacial, o esquema corporal, o traballo cooperativo, o desenvolvemento psicomotriz, a creatividade, a audición interior, a discriminación auditiva, o oído musical, a condición física, a expresión corporal e artística, etc. sempre tendo presente a importancia do xogo nestas idades, polo que se leva a cabo mediante actividades divertidas entre as que se inclúen:

  • Cantar, bailar e tocar cancións divertidas.
  • Interpretar cancións con ritmos mediante percusións corporais.
  • Escoitar audicións comentadas e interpretar ditas obras musicais.
  • Aprender xogando as notas musicais e os conceptos básicos da linguaxe musical adaptados á súa idade.
  • Tocar instrumentos musicais de tipo Orff.
  • Crear e mesturar arte plástica e musical.

E moito máis…!