ESCOLA INFANTIL 0-3
CARREIRA ESCOLAR

logoc2016.jpg

coloniass.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Dinamización Lingüística

cartel_trompos2016.jpg

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg
Buscar WEB

COMEDOR


 
Xunto cos Pais o Colexio é responsable de ensinar aos nenos que unha alimentación san e equilibrada axúdalles a manterse sans e medrar.
Sabemos que unha alimentación san e equilibrada repercute no rendemento escolar. E sabemos que é imprescindible que os nenos aprendan a “comer ben” porque “comer ben” significará para eles,no futuro,Calidade de Vida.Para iso:

O noso Programa Educativo “Comer ben, crecer mellor”, inclúe: explicar aos nenos as propiedades nutritivas dos distintos alimentos, a educación na mesa e a hixiene persoal.

Elaboramos os nosos menús, seguindo receitas tradicionais da nosa cociña econ produtos de primeira Calidade. Continuamos cos suplementos de calcio para nenos de Ed.Infantil eEd.Primaria

Tanto o persoal de cociña coma os profesores saben que os nenos precisan cariño e unha dose extra de paciencia e bo humor. 

Control de Calidade externo que garante a fiabilidade dun bo Servizo.

E ademais : Informamos trimestralmente aos pais coa descrición detallada dos menús e atendemos menús de dieta e especiais para réximes.

MENÚ DE INVERNO 0-1 ANOS


MENÚ DE INVERNO 2-3 ANOS

MENÚ DE INVERNO EP-ESO


Os alumnos/as que fagan uso deste servizo deben ter en conta o seguinte:
  1. O servizo de comedora funcionará de setembro a xuño.
  2. O seu custo é de 120,50 €/mes para os alumn@s fixos e de 8,40 €/día para os eventuais.
  3. Neste custo inclúese a comida e a vixiancia. Tamén para os alumn@s de Educación Infantil a merenda de media mañá.
  4. Como complemento alimentario será servido un vaso de leite.
  5. No comedor, deben respectarse as normas básicas de convivencia e urbanidade.
  6. Os alumn@s de comedor, nos días de excursión, daráselle un bolsa cun picnic.
  7. Atenderanse as dietas que aqueles alumn@s que o necesiten. Deberán comunicalo na Secretaría do Centro.