ESCOLA INFANTIL 0-3
CARREIRA ESCOLAR

logoc2016.jpg

coloniass.jpg
RADIO ABRENTE

 
radioabrentelogo.jpg
EXTRAESCOLARES

instalacioness.jpg
CENTROS SOLIDARIOS

redecentrosolidariospequeno.jpg
Buscar WEB

Cartel-Axuda-Programa-I-peq.jpg

CRITERIOS DE ADMISIÓN


Criterios xerais para a admisión

1. Existencia de irmás/áns matriculadas/os no centro.
· 8 puntos. 2 puntos por cada un dos seguintes.

2. Nai, pai, titora ou titor que traballe no centro.
· 3 puntos

3. Proximidade do centro ao domicilio familiar das/dos nais/pais ou titoras/es. 
· Área de influencia: Concello de Sanxenxo: 6 ptos.
· Áreas limítrofes: Concellos de o Grove, Meaño, Meis e Poio: 3 ptos.
· Outras áreas: 0 ptos.

4. Proximidade do centro ao lugar de traballo das/dos nais/pais ou titoras/es.  
· Área de influencia: Concello de Sanxenxo: 4 ptos.
· Áreas limítrofes: Concellos de o Grove, Meaño, Meis e Poio: 2 ptos.
· Outras áreas: 0 ptos.

NOTA: As puntuacións dos apartados 3 e 4 non son acumulables.


5. Renda anual per cápita da unidade familiar.
· Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos.
· Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos.
· Se é igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao IPREM: 1 punto.
· Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos.

6. Condición de familia numerosa.
· Por pertencer a familia numerosa de categoría especial: 3 puntos.
· Por pertenza a familia numerosa de categoría xeral: 2 puntos.

7. Condición de familia monoparental.
· 2 puntos

8. Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en nai, pai, titora, titor, irmá ou irmán do alumnado.
· Por discapacidade da alumna ou alumno: 4 puntos.
· Por discapacidade dunha/un das/dos proxenitoras/es ou titoras/es: 3 puntos.
· Por discapacidade dalgunha/un das/dos irmás/áns da alumna ou alumno: 1 punto por cada unha/un delas/es.

9. Por criterios complementarios consistentes noutras circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente pola Xunta Directiva do Centro.
· Para os alumnos que soliciten praza para Educación Infantil de 3 anos: por estar matriculado no curso escolar 2012/2013 na Escola Infantil ABRENTE. 1 punto
· Para os alumnos de Educación Infantil de 4 e 5 anos. Educación Primaria e E.S.O.: por solicitar o uso do servizo do COMEDOR ESCOLAR para o curso 2013/2014 1 punto