Máis de 200 ximnastas déronse cita, o pasado sábado 16 de marzo, no VIII Festival de  Ximnasia Rítmica  Colexio Abrente.

Un ano máis o pavillón do  Colexio Abrente encheuse de arte, elegancia e plasticidade , co bo facer das ximnastas, dos 11 clubs e colexios participantes.

Polo tapiz desfilaron ximnastas de 3 anos, que se inician neste deporte, dándolle ao festival un toque de inocencia e ilusión, xunto a ximnastas clasificadas para campionatos nacionais deixándonos unha sesión repleta de luz, cor, paixón, beleza e elegancia.

Agradecemos aos clubs participantes: Club As triscas,  Vila de Pontevedra, Club  Vilarousa, Club  Treboada, Club  Agarimo, Club  Grand  Jeté, Club rítmica Vilagarcía, Club  Biqueira, Colexio Apóstol Santiago, Club Apóstol Santiago e como non as ximnastas do equipo de rítmica do Colexio Abrente, por participar con ilusión ano tras ano no noso festival.