Todos coñecemos a importancia que o deporte ten nas nosas vidas, por iso participamos no Plan Xogade ano tras ano.
O plan Xogade é, un plan de fomento de deporte escolar da Xunta de Galicia.
Fomos a o Colexio O Cruceiro a Vilalonga con 6° de primaria, os nosos alumnos pasaron unha divertida xornada deportiva, chea de convivencia e como non, deporte.
Hoxe son os nosos alumnos de 3° de primaria os que participarán nestas xornadas, pero esta vez farémolo na casa, visitarannos os alumnos de O Cruceiro de Vilalonga.