Os alumn@s de 1º e 2º de ESO realizaron unha saída cultural a Tui onde visitaron o Centro de interpretación da natureza do Monte Aloia, na que fixeron un roteiro sobre o entorno do parque natural, e varias actividades no propio centro.
Despois visitaron a fortaleza do Miño de Valença, aprendendo sobre a arquitectura da fortaleza e a historia da fronteira, e cruzando a ponte internacional entre os dous países á volta.