O pasado venres 22 de marzo, os alumnos de 5°  EP desprazáronse ao  CGTD de Pontevedra para participar no campionato zonal de atletismo en pista.
Os nosos alumnos pasárono en grande e gozaron en cada unha das probas, obtendo moi bos resultados en todas elas.En 60 m lisos: cabe destacar os primeiros postos de Noel Prado  na primeira fase e Anxo Carballa na terceira fase, así como do segundo posto de  Mateo Besada na segunda fase.

En 500 m: Marta  Basdedios quedou de primeira a unha distancia considerable do segundo,  Aroa  Barbeito e  Uxía Piñeiro tamén fixeron un bo papel, quedando sétima e décima respectivamente.
En Salto de lonxitude: Daniel  Santorum conseguiu un primeiro posto, tamén participaron nesta proba Darío Casado e Pepe  Dezagoire quedando nos postos 10 e 12 respectivamente.
En lanzamento de peso: cabe destacar o primeiro posto de Daniel  Padín, así como o bo facer de  Naira García e Judith Prieto.
En lanzamento de  Vortex, os nosos compañeiros Aitana Pérez, Judith Prieto e Sara Otero, tamén fixeron un gran papel dando puntos ao equipo. En relevos 4×60: quedaron na  primeira serie de 5°, na segunda de 8° e na terceira serie de 3°.

Clasificándose así para o Provincial, deixámosvos algunhas fotos e os resultados que nos mandaron (aínda que algúns nomes están cambiados).

Clasificacións 1º Turno      Clasificacións 2º Turno