Despois dun longo traballo de creación de títeres, preparación do conto, montaxe de escenario, facer carteis e pulseiras de Elmer, viaxar de aula en aula para promocionar o conto de Elmer e con el á diversidade e a inclusión educativa… O pasado luns 29 de abril, os voluntarios e voluntarias da ESO levaron a cabo un conta contos con títeres do conto de “Elmer, o elefante de cores”, para os máis pequenos, có fin de fomentar a inclusión e o respecto a diversidade. Foi un éxito!