Dende o Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio, queremos por o noso gran de area na recuperación da tradición dun ser moi especial e que esperta gran agarimo por parte dos máis pequen@s, a figura do APALPADOR. Por iso o derradeiro día de Cole antes das vacacións, visitounos para tocarnos as barrigas, desexarnos unhas felices festas e agasallarnos con algunha lambetada.