Este martes, 21 de xaneiro, os alumnos da ESO realizaron unha saída cultural a Santiago de Compostela. Todos os cursos participaron pola mañá nunha visita ao Museo de Historia Natural da USC, para despois asistir á representación da obra interactiva de teatro en inglés “ A vampire story” no Auditorio Abanca. A experiencia foi enriquecedora e pasárono en grande facendo de actores por un día.