Os alumnos de 6º Primaria participaron este mércores nunha actividade de primeiros auxilios e RCP impartida polo servizo de Protección Civil de Sanxenxo. A actividade estruturouse nunha parte teórica e outra práctica, a través das cales os alumnos aprenderon a importancia de ter uns coñecementos básicos para poder axudarse a si mesmos e aos demais. Tamén adquiriron as nocións máis importantes para recoñecer unha parada cardiorespiratoria, avisar aos servizos de emerxencia e iniciar as manobras de reanimación cardiopulmonar. Os nenos e nenas gozaron, aprenderon e participaron con ilusión, comprendendo a importancia de saber como actuar en cada momento.