Dende o Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio, queremos por o noso gran de area na recuperación da tradición dun ser moi especial e que esperta gran agarimo por parte dos máis pequen@s, a figura do APALPADOR. Por iso  o derradeiro día de Cole antes das vacacións, visitounos  para  tocarnos as barrigas,  desexarnos  unhas  felices festas e  agasallarnos  con algunha lambetada.