Despois de que o curso pasado, por causa da pandemia de Covid, non puidésemos celebrar o Entroido, volvemos este ano a celebrar o desfile polas rúas de Portonovo. Tanto pais e nais, como o alumnado e o profesorado puxérono todo da súa parte para que fose un día especial. O tema elixido este ano foi «unha romaría popular» e os disfraces ían desde os típicos oficios das festas do pobo, pasando polas atraccións de feira e os tradicional pasacalles. Esperamos que vos gustará o desfile tanto como a nós e vémonos o ano que vén.