Con motivo do Día do Libro, decidimos levar a cabo este ano una actividade solidaria en colaboración con Save the Children, unha ONG que loita polos dereitos dos rapaces en todo o mundo mediante campañas de alimentos, educación, protección infantil e emerxencias. Trátase da iniciativa » Marcapáxinas pola solidariedade», destinada a paliar os efectos que tiveron a seca, a malnutrición severa e, nos últimos meses, o COVID-19 na zona do Corno de África (Somalia e Etiopía son os países máis afectados).

A actividade foi todo un éxito de participación entre o alumnado do noso colexio e queremos agradecerlles a eles, así como ás súas familias, o seu total compromiso con esta iniciativa tan solidaria. Grazas a todos, acadamos unha recadación de 1506 € que xa foron ingresados este venres na conta da ONG ES24 0049 1837 5829 1024 8925 do Banco Santander.