Este venres, 13 de maio, celebramos XXIX Carrera Escolar do Salnés. Despois da pausa por causa do Covid que obrigou a suspender a carreira hai dous anos e a facer unha minicarreira a nivel local o curso pasado, este ano por fin puidemos celebrar este gran acontecemento deportivo. Quedamos moi sorprendidos pola alta participación e as ganas que mostraron tanto o alumnado como deportistas afeccionados. Moitas grazas a tod@s os participantes e colaboradores que fixeron posible este día tan emocionante.