Hoxe, cos alumnos de 6º EP, tivemos unha nova xornada de deporte na escola do programa Xogade. Esta vez tocounos visitante e trasladámonos ao Colexio de San Roque de Corón en Vilanova de Arousa para participar. Os nenos pasárono en grande, estaban moi contentos de compartir xornada cos nenos de 6º do San Roque, que nos trataron como na casa. A única pena foi que o bus tardou moito en chegar e as xornadas foron máis curtas do esperado.