Este xoves os alumnos de 4ºEP comezaron a súa andaina náutica cando Adrián e Miguel, adestradores do RCN de Sanxenxo, os cales levaron o mar á nosa aula e mergullaron aos nenos no mundo da vela lixeira.
Comezaron cunhas nocións básicas no ximnasio, onde os nosos alumnos non perderon detalle. Continuaron coa elaboración de nós mariñeiros e terminaron simulando a navegación a bordo dun optimis nas pistas deportivas do colexio, para saír o venres ao mar cos deberes ben feitos.
O venres, entre nervios e risas, tocounos poñer en práctica todo o aprendido a bordo dos Dam. Os nosos alumnos fixérono moi ben e o máis importante, pasárono en grande! 
  Encántanos participar no deporte escolar XOGADE
Agradecer ao RCN de Sanxenxo esta experiencia e por ter o detalle de agasallar aos nenos con diplomas personalizados e pulseiras de nós mariñeiros.