Un curso máis dende o Equipo de Dinamización da Lingua galega organizamos o

magosto. Os nenos e nenas do colexio , ademais de participar en distintos xogos populares, asistiron á tradicional degustación de castañas asadas. Tamén preparamos un circuíto de xogos populares que fixo as ledicias de tod@s.

Parello ao magosto, celebramos un concurso de decoración de trompos e o da castaña máis pesada e, para pechar as actividades do día, pais, nais e profesores participaron nun emocionante xogo das cadeiras.