Dentro das actividades organizadas polo CIM do Concello de Sanxenxo, o alumnado de 1º ESO participo este luns nunha ESCAPE ROOM pola Igualdade.

A proposta busca que, con adiviñas e xogos, se desenvolvan técnicas relacionadas coa aprendizaxe da igualdade e a loita contra as violencias machistas.

Analizáronse, durante a sesión, os estereotipos e mitos asociados á violencia de xénero e ás relacións entre homes e mulleres.