Con motivo do desenvolvemento do proxecto interdisciplinar de centro «Abrentes do Mundo», celebramos dúas xornadas de portas abertas para as familias dos nosos alumnos e alumnas. A primeira delas, durante a mañá do 28 de abril na que os familiares puideron ver os traballados realizados polos seus fillos e o profesorado durante o curso. A segunda, o 4 de abril, despois da xornada escolar, na que os profesores e profesoras do centro mostraron aos pais o desenvolvemento das actividades.
Agradecer a todos a súa participación nestas xornadas e destacar a ilusión dos nenos e nenas, así como o interese que mostraron por coñecer novas culturas e costumes.

no se han encontrado imágenes