O xoves pasado todos os alumnos de primaria do Colexio Abrente participaron no programa Pho3nix Athletes cuxo embaixador é Javier Gómez Noya.

E aínda que Gómez Noya non se puido achegar ao colexio, se o fixeron un grupo de representantes do programa coordinados polo atleta e adestrador Víctor Riobó.

O taller realizouse por quendas, empezando polos grupos máis baixos 1º e 2ºEP, para terminar cos cursos máis altos 5º e 6ºEP, comezando o taller cunha parte máis teórica de concienciación dunha vida activa e saudable, recalcando a importancia de realizar deporte diario, levar unha boa alimentación e a importancia do descanso no día a día, xa que o deporte xoga un papel crave no desenvolvemento persoal e social do ser humano, constrúe o carácter e desenvolve hábitos que son útiles en todas as áreas desde unha idade temperá.

Para continuar cunha parte práctica onde os estudantes realizaron tarefas de acondicionamento físico en catro estaciones a partir das cales, poderán coñecer cales son as disciplinas para as que teñen certa predisposición.

Cada alumno recibiu unha acreditación nun cordón, no que escribiu os resultados obtidos en cada estación. As estacións eran 4 probas de habilidade deportiva:

1.- HABILIDADE DE SALTO: Na que os alumnos puideron probarse a si mesmos en salto de altura e salto de lonxitude.

Os DEPORTES SUXERIDOS PARA O ALUMNO: salto de lonxitude, salto de altura, salto con pértega

2.- EXERCICIO DE POTENCIA cun dinamómetro de forza.

Os DEPORTES SUXERIDOS PARA O ALUMNO: levantamento de pesas, lanzamento de martelo, lanzamento de disco, lanzamento de peso.

3.- EXERCICIO DE RESISTENCIA: os alumnos tiveron que colgarse da barra colgante o maior tempo posible.

Os DEPORTES SUXERIDOS PARA O ALUMNO: correr, andar en bicicleta, nadar, camiñar.

4.- EXERCICIO DO REFLEXO MANUAL: os estudantes realizaron unha proba especializada para medir os seus reflexos e a coordinación ollo-mano. Instalouse un dispositivo con seis botóns iluminados aleatoriamente nun soporte. A tarefa era presionar o botón que se acenda o máis rápido posible.

Os DEPORTES SUXERIDOS PARA O ALUMNO: baloncesto, boxeo, tenis, golf.

Grazas a estes talleres preséntaselle a diversidade do mundo do deporte aos estudantes dunha maneira interesante, permitíndolles descubrir a súa propia predisposición.