Os estudantes de 3º da ESO viviron este curso 2024-25 unha inesquecible viaxe de inmersión lingüística a Berlín, onde puideron practicar o idioma, descubrir a historia recente de Europa e mergullarse na vibrante cultura da capital alemá.
A experiencia arrancou coa visita á Porta de Brandenburgo, símbolo da unificación alemá, e continuou no Reichstag, sede do Parlamento. Outro dos momentos máis emotivos foi o paso polo Memorial ás Vítimas do Holocausto, que convidou á reflexión e ao respecto pola memoria histórica.
Ademais, o alumnado percorreu algúns dos lugares máis emblemáticos da cidade, como o Muro de Berlín e a East Side Gallery, coa súa impresionante colección de murais; a famosa Illa dos Museos, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Non faltaron tampouco as visitas ao Museo de Historia Natural e ao Museo da Ciencia e a Tecnoloxía, onde gozaron de exposicións interactivas e descubertas fascinantes. Para completar o itinerario, desfrutaron de paseos por Alexanderplatz, a animada avenida Kurfürstendamm e mesmo dunha excursión a Potsdam, coñecida polos seus xardíns e palacios.
A viaxe converteuse así nunha experiencia única, que non só reforzou o seu aprendizaxe lingüístico senón que tamén lles permitiu coñecer de preto a realidade cultural, histórica e social de Berlín. Sen dúbida, unha aventura que permanecerá na súa memoria como parte fundamental da súa etapa educativa.